CULTURA

Artes plásticas, circo, música e cine nunha completa xornada do Festival dos Abrazos

09/08/2011

De cinco propostas distintas de catro disciplinas poderemos gozar nunha completa xornada do Festival dos Abrazos neste mércores 10 de agosto. A proposta dos Abrazos OFF deste ano, Resicrónica, abre a xornada ás 18:00 horas na praza de Salvador Parga e a continuación teremos circo en Bonaval con Cia. FAS, que presenta Ciclones: Circo, truchas y rock’n’roll, para pechar o día coa proxección de A sal deste mar, dentro da Mostra AMAL, na ruela de Xerusalén Ademais, haberá dous novos concertos de Feito a Man:...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Convocado o XXIX Premio Blanco Amor

08/08/2011

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou as bases da XXIX edición do Premio Blanco Amor de novela longa. Entre outros asuntos, tamén acordou solicitar á Consellería de Traballo e Benestar subvencións para a contratación de 11 traballadoras desempregadas, e a sinatura do convenio para o arrendamento de 12 prazas de autobuses no aparcadoiro de borde de Salgueiriños.

Ler máis

ALCALDÍA

Recoñecemento municipal á traxectoria do ciclista compostelán David Blanco

08/08/2011

A piques de ultimar a preparación para participar en setembro nunha nova edición da Volta a España, o ciclista compostelán David Blanco pasou por Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa. Representantes do ciclismo da cidade acompañaron ao deportista nesta visita, na que tamén estivo o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

Ler máis

CULTURA

Kolectivo Mostrenko presenta "La pared" na segunda xornada do Festival dos Abrazos

08/08/2011

A segunda das xornadas do Festival dos Abrazos terá como protagonistas aos vascos Kolectivo Mostrenko, que ofrecen La Pared, unha curiosa peza de teatro de rúa este martes, 9 de agosto, a partir das 20:00 horas, no espazo da rúa das Ameas-praza de Santo Agostiño. A programación da xornada complétase con dous concertos de Feito a Man. Ás 20:00 horas, na Vía Sacra, estará a angoleña Aline Fracão e, ás 22:00 horas, Sergio Tannus Trio trae a San Paio de Antealtares a música brasileira.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Paula Prado traza liñas de colaboración con diferentes entidades sociais

07/08/2011

A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, estase a reunir con diversas entidades sociais para trazar liñas de colaboración. Desta vez, mantivo un encontro con representantes do Banco de Alimentos Rías Altas e das Aulas da Terceira Idade. Con estes últimos comprometeuse a recuperar a subvención municipal, suprimida por primeira vez este ano.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde analizou propostas de enlaces peonís coa Cidade da Cultura

04/08/2011

O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, formou parte do xurado do curso internacional sobre arquitectura organizado polo Instituto Compostela Arquitectura (CA Institute), que reuniu a expertos mundiais ao longo de tres semanas en San Martiño Pinario. Os alumnos desenvolveron e expuxeron propostas de enlace peonil coa Cidade da Cultura.

Ler máis
Compartir: