ALUMEADO PÚBLICO

O Concello adopta medidas de aforro enerxético no alumeado público

20/01/2012

O concelleiro de Medio Rural, Alumeado Público e Abastecemento e Saneamento, Luis García Bello, deu conta dalgunhas medidas de aforro enerxético no alumeado público postas en marcha polo Goberno municipal e doutras que se instaurarán en 2012. O obxectivo é que, ao 5% de aforro no consumo xa conseguido, se sume outro 12%.

Ler máis

CULTURA

A Banda Municipal celebra outro concerto do ciclo de Novos Intérpretes Galegos

20/01/2012

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela celebra o domingo 22 un novo concerto do ciclo de Novos Intérpretes, unha das novidades mais interesantes da programación 2011-2012. Este ciclo inclúe sete concertos nos que a Banda Municipal contará ao longo da tempada con sete solistas diferentes. Desta vez será Carlos Seráns Santos, que toca un instrumento pouco habitual no ámbito dos solistas, a tuba.

Ler máis

TURISMO

O alcalde presenta en Fitur un vídeo para a promoción internacional da cidade

19/01/2012

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presentou en Fitur a xornalistas e profesionais do sector un novo vídeo promocional co que Turismo de Santiago pretende promocionar a cidade nos mercados internacionais. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, quen presentou a nova guía profesional do Santiago de Compostela Convention Bureau, o servizo de Turismo de Santiago encargado da promoción da cidade como destino para a celebración de congresos, encontros, xornadas, etc.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Goberno local reafirma o seu compromiso cos centros socioculturais potenciando o servizo de dinamización

18/01/2012

A última Xunta de Goberno aprobou a apertura do proceso de contratación do novo servizo de dinamización da Rede de Centros Socioculturais. Este contrato, que terá carácter bianual (renovable por outros dous) suporá unha partida de 884.919 euros anuais, case 65.000 máis que en 2011, o que segundo o concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, "demostra o esforzo do Goberno municipal nesta materia e o compromiso cos veciños".

Ler máis
Compartir: