TURISMO

Santiago de Compostela acumula no 2009 un crecemento en pernotacións do 6,68% a falta dos datos de decembro

22/12/2009

Santiago de Compostela sumou nos once primeiros meses do ano un total de 1.130.857 pernotacións, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Neste período, a única cidade pertencente aos grupos das Cidades Patrimonio e da España Verde, compostos polos destinos comparables á nosa cidade, que supera o millón de pernotacións entre xaneiro e decembro, ademais de Santiago, foi Bilbao, con 1.027.764.

Ler máis

TURISMO

O Concello e a Deputación da Coruña trazan liñas de colaboración turística

21/12/2009

O concelleiro de Turismo, Xose Manuel Iglesias, reuniuse co vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable de Turismo, Pablo Villamar, e cos xerentes dos plans de dinamización turística de Ferrol-Ortegal, Costa da Morte e Terras do Ulla-Tambre, e empresarios do sector. O obxectivo deste encontro era establecer liñas de colaboración en materia de promoción turística.

Ler máis

CULTURA

O baixo menorquín Simón Orfila inaugura o Festival Todo Lírica 2009

21/12/2009

Co Nadal chega de novo Todo Lírica, un proxecto creado hai nove anos pola Concellaría de Cultura e a Asociación Galega da Lírica, e que dende a súa primeira edición, baixo o nome de Festival de Zarzuela de Santiago, xa deu exitosos froitos artísticos e de público. O ciclo segue o formato de recitais de voz e piano das anteriores edicións e constará nesta singular ocasión, ás portas do Ano Santo 2010, con cinco concertos.

Ler máis

CONSORCIO

Trinta e sete edificios da Cidade Histórica solicitaron axudas ao mantemento do programa "Ter é manter"

21/12/2009

A Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago recibiu 37 solicitudes para o mantemento de edificios na Cidade Histórica, unha vez pechado o prazo o 12 de decembro. Cómpre lembrar que en setembro, o Concello e o Consorcio de Santiago, dentro das súas políticas de recuperación urbana, iniciaron unha nova liña de axudas aos cidadáns para o mantemento de edificacións. Baixo o lema Ter é manter, púxose en marcha o "Programa de axudas ao mantemento da envolvente exterior e dos elementos...

Ler máis

EDUCACIÓN

Éxito dunha nova edición de Nadal de Danza

20/12/2009

Numeroso público achegouse ao Teatro Principal para asistir a Nadal de Danza’09, organizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Asociación Cultural Danza Stellae. 116 alumnas e 1 alumno de diferentes idades de catro centros escolares composteláns amosaron no escenario as súas habilidades a través de variadas coreografías.

Ler máis

ALCALDÍA

Diversión para todos en Sar e Amio

19/12/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou dúas citas tradicionais do Nadal en Compostela, Nadalxogo, no Multiusos do Sar, e a pista de xeo instalada no Recinto Feiral de Amio. A primeira das propostas estenderase ata o 27 de decembro, mentres que a pista de patinaxe estará aberta ata o 17 de xaneiro.

Ler máis

ALCALDÍA

A rehabilitación da Casa do Cabildo iniciarase á volta do verán de 2010

18/12/2009

Unha vez aprobado pola Comisión Asesora do Casco Histórico o anteproxecto de rehabilitación da Casa do Cabildo, a intención do Concello é que as obras se realicen a partir do outono de 2010, co obxectivo de que estean rematadas cara o verán de 2011. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, na súa rolda de prensa semanal.

Ler máis
Compartir: