RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Presentación do programa Santiago-Une nunha xornada en Oviedo

27/04/2010

O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, presentará o mércores 28 de abril o programa Santiago-Une no marco da Xornada Informativa Europa polos cidadáns, que se celebrará no Palacio de Congresos-Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo.

Ler máis

EDUCACIÓN

O Grupo de Cidades Patrimonio premia a máis de 220 escolares e reúneos en Córdoba

27/04/2010

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniu en Córdoba a máis de 220 escolares gañadores da novena edición do programa educativo Coñecer as Cidades Patrimonio. Alí estiveron, en representación de Santiago, os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES de Sar, que gañaron esta edición co traballo denominado Segovia, tras as reixas dos que foron mud@s, dirixido pola profesora Carmen Alvariño Alejandro.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Decatístico reflicte unha década de estabilidade e desenvolvemento

26/04/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Decatístico Compostela Radiografía dunha década (1999-2009), elaborado polo Observatorio Estatístico. A publicación, que se poderá consultar no apartado Observatorio Estatístico da páxina web www.maiscompostela.org, contén gráficos, táboas e textos correspondentes aos últimos dez anos. Son, en conxunto, a ferramenta que...

Ler máis

COMERCIO

A maioría dos composteláns merca os alimentos frescos no Mercado de Abastos e os non frescos nos supermercados

23/04/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou as conclusións do estudo Hábitos de consumo no Concello de Santiago, enmarcado na liña Observatorio Comercial do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, xunto ao Censo de locais comerciais de Santiago de Compostela, recentemente presentado.

Ler máis
Compartir: