NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Parten cara Sarreaus (Ourense) os participantes en "AnimaLingua"

13/08/2010

O vindeiro luns, 16 de agosto, ás 9.30 horas, os 30 participantes no campamento de verán AnimaLingua, partirán dende a dársena de autobuses de Xoán XXIII rumbo ao Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", en Sarreaus (Ourense). A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, estará alí para despedir aos rapaces e rapazas, e para conversar cos pais e monitores.

Ler máis

EMPREGO

Máis de 3.000 persoas inscritas na Plataforma de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica

13/08/2010

O Servizo Local de Emprego da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo ten no seu aplicativo informático, denominado Plataforma de Intermediación Laboral, 3.361 persoas inscritas. No primeiro semestre do ano, o servizo ofrecido pola Concellaría recibiu 861 novas solicitudes. Destas persoas, 527 son mulleres, o que representa o 61,2% do total, e 334 homes, o 38,8%.

Ler máis

CULTURA

As marionetas e a música angolana animarán as rúas e prazas de Compostela

12/08/2010

Os títeres e a mestura de música africana cos sons electrónicos son os protagonistas da xornada do venres 13 do Festival dos Abrazos, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura. Distintos puntos da cidade de Compostela son os elixidos para a posta en escena destes espectáculos, cos que se pretende ofrecer ao público un espazo para gozar e participar das máis diversas producións artísticas.

Ler máis
Compartir: