EDUCACIÓN

Santiago celebra o Día Europeo da Música

20/06/2011

O martes 21 de xuño celébrase o Día Europeo da Música. O evento central do mesmo terá lugar na praza do Toural a partir das 19:45 horas, coincidindo con diferentes actuacións das escolas de música participantes. O alcalde e a concelleira de Educación en funcións participarán no acto.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio entrega á Universidade o novo edificio do Museo de Historia Natural

17/06/2011

Unha vez rematadas as obras de construción do novo edificio do Museo de Historia Natural, o Consorcio de Santiago e a Universidade asinan o acordo polo cal o Consorcio de Santiago, propietario do inmoble, cédelle o seu uso á Universidade, para o seu funcionamento como Museo de Historia Natural. O Consorcio de Santiago asumiu a financiación e construción do novo edificio, que supuxo unha inversión total de 3.909.280 euros.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo, satisfeito pola consolidación de Lavacolla como o aeroporto de maior crecemento dentro da súa categoría

17/06/2011

O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polos datos de maio do aeroporto de Lavacolla, feitos públicos por AENA. Polo aeródromo compostelán pasaron durante este mes 212.364 pasaxeiros, situando nun 53,29% a cota de mercado no sistema aeroportuario galego e marcando un crecemento do 25,9% respecto ao mesmo período do ano anterior.

Ler máis

CULTURA

Recital de piano de Haruna Takebe

17/06/2011

A pianista, que vive en Compostela desde o ano 2009, interpretará pezas de Claude Debussy e Frédèric Chopin. O concerto, no que estará acompañada dun quinteto de corda, comezará ás 21.00h e ten unha duración aproximada de unha hora e corenta minutos.

Ler máis
Compartir: