ALCALDÍA

O alcalde aposta por habilitar unha vía alternativa ao Camiño Portugués

18/08/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu coa secretaria xeral de Turismo da Xunta, Carmen Pardo, e con diversas autoridades portuguesas, á presentación da edición 2011 da Romaría de Portugal e as Festas da Nosa Señora dos Remedios, que se celebran na localidade lusa de Lamego do 25 de agosto ao 9 de setembro. O acto tivo lugar na oficina que Turismo de Porto e Norte ten na rúa do Vilar.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

María del Mar Hinojosa, tenente da Garda Civil, coordinará os corpos de seguridade cidadá do Concello de Santiago

17/08/2011

O Goberno local aprobou o nomeamento da tenente da Garda Civil María del Mar Hinojosa Izquierdo como asesora, para coordinar os tres corpos de seguridade cidadá do Concello de Santiago: Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. A incorporación desta profesional, en palabras da voceira da Xunta de Goberno, Paula Prado, permitirá "mellorar a coordinación destes tres corpos, optimizar os recursos e aportar unha visión diferente a cargo dunha persoa con ampla experiencia en seguridade cidadá".

Ler máis

CULTURA

Danza, música e curtametraxes españolas abrázanse na xornada do xoves 18

17/08/2011

O Festival dos Abrazos continúa enchendo as rúas e prazas de Compostela dos máis variados espectáculos. Na xornada do xoves 18 teremos danza, música e curtametraxes. Comezamos con Danza e contradanza, de Iván Villar e Nelson Quinteiro, a partir das 20:00 horas no Toural (se chove será no Teatro Principal) para seguir con Curtocircuíto na Rúa na praza de Cervantes: ás 21:15 sesión co DJ Kowe e ás 22:30 proxección de curtas da sección Feito en España (se chove,...

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela renovou o seu voto a San Roque

16/08/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a práctica totalidade do equipo do Goberno municipal participaron no tradicional acto de voto da cidade de Santiago a San Roque, celebrada na capela do mesmo nome.

Ler máis

CONSORCIO

Máis de 50.000 persoas visitaron a exposición "A Catedral de Santiago, corazón de Compostela" no Pazo de Xelmírez

12/08/2011

Máis de 50.000 persoas visitaron a exposición A Catedral de Santiago, corazón de Compostela dende a súa inauguración no mes de xuño no Pazo de Xelmírez. A mostra, organizada polo Consorcio de Santiago e o Cabido da Catedral coa colaboración da Fundación Barrié de la Maza, vén de pór á venda un catálogo que explica ao detalle o contido da mostra, facendo fincapé nas claves do Plan Director da Catedral.

Ler máis

TURISMO

A concelleira de Turismo destaca a importancia do Camiño como mellor marca internacional de Galicia

12/08/2011

Hostalería Compostela vén de presentar o novo plano turístico de Santiago, un documento corrixido e actualizado no que se incorporan todos os establecementos de hospedaxe do colectivo, así como novidades tan importantes coma a Cidade da Cultura. Este plano, do que se editan máis de 150.000 exemplares para distribuír entre os asociados, é froito da colaboración entre Hostalería Compostela e Turismo de Santiago.

Ler máis

CULTURA

A música, protagonista total da quinta xornada do Festival dos Abrazos

11/08/2011

Continúa a programación do Festival dos Abrazos desta edición 2011 e faino na xornada do venres 12 coa música como protagonista absoluta. Para inaugurar a xornada, a partir das 20:00 horas, na praza de San Martiño Pinario, poderemos gozar co jazz de Abe Rábade (se chove, o concerto trasládase ao Teatro Principal). E a continuación, e como broche, a música electrónica de Sam Amant, chegada do Reino Unido, soará na Zona "C" (se chove no CGAC) a partir das 22:30 horas.

Ler máis

CULTURA

Mar Gómez presenta o espectáculo "Heart Wash. Una historia de amor abocada al fracaso" no Festival dos Abrazos

10/08/2011

Un día máis, as rúas de Santiago énchense coa programación do Festival dos Abrazos. Na xornada do xoves día 11, a catalana Mar Gómez presenta o seu espectáculo de danza contemporánea Heart Wash. Una historia de amor abocada al fracaso e o colectivo Precicla! celebra a segunda sesión de Reciclónica. Ademais, teremos a primeira cita con Curtocircuíto na praza do Toural: primeiro sesión co DJ Álvaro DC ás 21:15 horas e, a continuación, a proxección do...

Ler máis
Compartir: