EDUCACIÓN

En marcha a CiberCaixa de Roxos, programa educativo e lúdico de conciliación

24/11/2011

Bota a andar de novo a CiberCaixa, instalada no CEIP Roxos Villestro grazas ao convenio de colaboración asinado pola Concellería de Educación coa Fundación La Caixa. Esta iniciativa satisfará as necesidades educativas e lúdicas de escolares de entre 3 e 12 anos, facilitando ademais a conciliación da vida familiar e laboral.

Ler máis

ALCALDÍA

Conde Roa: "Non imos tolerar que Santiago sexa lugar de ensaio de guerrillas urbanas"

24/11/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, condenou os actos violentos da noite do mércores, producidos horas despois do desaloxo da Sala Yago. "Non imos tolerar que Santiago se converta en ningún lugar de ensaio para grupos de guerrillas urbanas nin de creación de experimentos que sementen a intranquilidade á cidadanía e poñan en perigo a orde nesta cidade", indicou.

Ler máis

PLENO

Aposta unánime da Corporación polo derrubo da Casa da Xuventude

24/11/2011

O derrubo da actual Casa da Xuventude é unha "decisión tomada", segundo asegurou o alcalde, Xerardo Conde Roa, na súa intervención no Pleno a propósito dunha proposición neste sentido presentada polo grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego e que foi aprobada por unanimidade polos tres grupos.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E FAMILIA

Lecer e conciliación familiar durante as tardes do Nadal nos centros socioculturais e no pavillón do Restollal

23/11/2011

Vive o Nadal é o título do amplo programa que a Concellería de Centros Socioculturais ten preparado para as tardes destas datas especiais. Son máis de 200 actividades, entre as que figura un campamento aberto para facilitar a conciliación laboral e familiar, con 100 prazas dispoñibles. E tamén con este fin, a Concellería de Familia leva ao pavillón do Restollal, tamén pola tarde, outro grupo de actividades.

Ler máis

REHABILITACIÓN

Ampliado o prazo de solicitude das axudas de rehabilitación para a ARI de Pontepedriña

23/11/2011

A Xunta de Goberno aprobou nunha sesión extraordinaria a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral de Pontepedriña (grupo de vivendas Compostela e Cardenal Quiroga). Tamén se ratificaron as bases para a convocatoria de axudas da 12ª fase da ARI do Casco Histórico.

Ler máis

MOBILIDADE

Concello e Cámara de Comercio pechan o Ciclo de Xornadas Aeroportuarias

23/11/2011

O ciclo sobre os novos retos do aeroporto de Lavacolla, que promoveron a Cámara de Comercio e o Concello de Santiago tras a apertura da nova terminal, finaliza o xoves 24 coa conferencia do experto do Comité de Rutas de Barcelona Salvador Curcoll. Falará ás 20:00 horas, no salón de actos cameral, sobre o potencial do aeroporto de Lavacolla e a súa repercusión na conectividade aérea de Galicia.

Ler máis
Compartir: