EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música celebra o seu Festival de Música e Movemento

29/05/2017

Os días 30 e 31 de maio, ás 18:30 horas, o Auditorio Abanca acollerá o Festival de Música e Movemento que tradicionalmente organiza o departamento desta área da Escola Municipal de Música. O evento servirá para dar a coñecer o traballo desenvolvido ao longo do curso por máis de 185 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos, acompañados do profesorado da EMM e das súas familias.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Inauguración de "Os mundos de Carlos Casares" na Zona "C"

29/05/2017

Este martes, ás 19:00 horas, inaugúrase na Zona "C" a exposición Os mundos de Carlos Casares. No acto inaugural estarán presentes Håkan Casares Berg, fillo de Casares; Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña; e Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Grupo de Educación do Eixo Atlántico reuniuse na cidade lusa de Braga

29/05/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presidiu a reunión do Grupo de Educación do Eixo Atlántico, celebrada este luns na cidade portuguesa de Braga. Ademais de Santiago, estiveron representadas as cidades de Santa María da Feira, Braga e Ourense, xunto con integrantes do Eixo Atlántico.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O XII Certame de Danza Intercentros puxo en escena 17 coreografías no Auditorio de Galicia

28/05/2017

O Auditorio de Galicia acolleu o XII Certame de Danza Intercentros, Compostela en danza, no que participaron 175 escolares de Infantil, Primaria e Secundaria dos CEIPs Pío XII, López Ferreiro, Arquitecto Casas Novoa e Mestre Rodríguez Xixirei, do Colexio San Xosé de Cluny e do IES Rosalía de Castro. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, non se quixo perder a cita e dirixiu unhas palabras ao público asistente.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Departamento de Educación participou en Pontevedra no Encontro da Rede de Cidades dos Nenos e Nenas do Proxecto Tonucci

27/05/2017

A recuperación do espazo público é un dereito dos cidadáns beneficioso para todos os integrantes das cidades e irreversible. Esa é a principal concusión do Encontro da Rede Española de Cidades dos Nenos e Nenas do Proxecto Tonucci, que se celebrou en Pontevedra e en cuxo plenario e comisións de traballo participou a Concellaría de Educación e Cidadanía, que forma parte desta Rede. Máis de 50 concellos de toda España participaron neste Encontro. A reunión anual de 2018 celebrarase en Huesca.

Ler máis

PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio aproba o Plan Estratéxico 2017-2019

27/05/2017

A primeira tenente de alcalde, María Rozas, participou na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, celebrada en Eivissa. Na mesma aprobouse o Plan Estratéxico 2017-2019, que será a folla de ruta á que se irán sumando novos proxectos que se levarán a cabo nas 15 cidades que conforman o Grupo.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local adxudica seis novos postos da Nave 5 da Praza de Abastos

26/05/2017

A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación do uso de seis novos postos da Nave 5 da Praza de Abastos, en concreto dos locais 2, 3, 4, 5, 9 e 10. Deste xeito, pasan a estar ocupados sete dos dez postos do recinto. O alcalde, Martiño Noriega, mostrou o seu convencemento de que "de cara ao verán, os locais da Nave 5 estarán adxudicados na súa totalidade, porque consta o interese de varias persoas para ocupar os tres postos aínda baleiros".

Ler máis
Compartir: