ACCIÓN CULTURAL

A Concellaría de Acción Cultural colabora co Maio Lírico 2016 que organiza a asociación Amigos da Ópera de Santiago

03/05/2016

A Concellaría de Acción Cultural colabora con Amigos da Ópera na programación do Maio Lírico 2016, que esta asociación organiza para conmemorar o Día Europeo da Ópera. En total, serán tres actividades, todas elas de entrada libre: a IV Gala Lírica dos Conservatorios de Galicia; un concerto da Banda Municipal coa soprano Teresa Novoa; e Dido e Eneas, de Henry Purcell, primeira ópera que presenta a asociación e que se fai en colaboración coa ESMAE de Oporto.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publícanse as listaxes provisionais de admitidos e de agarda nas escolas infantís de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

03/05/2016

A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que a Comisión de Baremación e Selección, na súa sesión do 3 de maio de 2016 , elaborou a proposta inicial e acordou facer pública as listaxes provisionais de admitidos, excluídos e listaxes de agarda das escolas infantís municipais de Conxo, das Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2016-2017.

Ler máis

ALCALDÍA

Reactivada a Mancomunidade de Compostela

03/05/2016

A Mancomunidade da Comarca de Compostela volve explorar vías de colaboración entre os sete concellos membros, despois de máis de catro anos sen celebrarse ningunha reunión do seu plenario. Na primeira xuntanza formal nesta nova etapa do órgano, esta mañá no Pazo de Raxoi, acordouse a constitución de tres comisións de traballo que, explicou o presidente da Mancomunidade e alcalde de Santiago, "faciliten que a entidade teña un funcionamento por obxectivos, sen xerar falsas expectativas, e con reunións do plenario...

Ler máis

CONSORCIO

O principal violinista da Orquestra da Ópera Alemá de Berlín impartirá clases a músicos galegos

03/05/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. O recoñecido violinista polaco Tomasz Tomaszewski formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co violín.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Compostela recibe o alumnado vasco e galego que participa na Regueifesta

03/05/2016

O Concello de Santiago, a través dos departamentos de Lingua e de Educación, colabora co Proxecto Regueifesta, unha iniciativa que quere poñer en valor a regueifa como método de normalización lingüística e desenvolvemento persoal e social. O proxecto está impulsado polos equipos de normalización lingüística dos IES Marcos do Camballón, de Vila de Cruces, e Maximino Romero, de Baio. O seu alumnado visitará mañá Compostela, dentro do encontro que están a manter cos estudantes dun...

Ler máis
Compartir: