CONSORCIO

O 14 de maio remata o prazo para inscribirse no curso de posgrao de especialización orquestral, que permite ao alumnado formarse coa Real Filharmonía de Galicia

02/05/2018

Está aberto o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2018-2019. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL E TURISMO

A Ascensión, os actos do Día das Letras e do Día dos Museos centran a "Compostelánea" de maio

02/05/2018

Xa está dispoñible para a descarga o número de maio da Compostelánea, a publicación mensual que elaboran conxuntamente Acción Cultural e Turismo de Santiago para informar a residentes e visitantes das propostas culturais e turísticas da cidade. Na súa 22ª entrega, o boletín dedica a portada e a reportaxe principal á programación das festas da Ascensión, que este ano se celebran do 9 ao 13 de...

Ler máis
Compartir: