DEPORTES
Este domingo arrancan os XV Xogos do Eixo Atlántico que contarán coa participación de 49 deportistas de Santiago
2.400 participantes de Galicia e do Norte de Portugal reuniranse durante unha semana en V.N de Famalicão e Braga. Compostela participará con 49 deportistas en 6 modalidades distintas.
ALCALDÍA
Goretti Sanmartín proclama que a inauguración do Orbital "sinala o camiño para os seguintes retos" e pide a implicación de todas as administracións
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, subliñou hoxe o fito da inauguración do Orbital, un acontecemento que, xunto coa conexión coñecida como Orbitaliño, e que se iniciará en breve, "sinalan o camiño para os seguintes retos". Este novo enlace do Orbital permitirá mellorar as conexións entre a AP-9 e a A-54 e co aeroporto de Lavacolla, así como cos polígonos do Tambre, Costa Vella e Sionlla, aliviando retencións tanto no Periférico como na ligazón de Santiago Norte.
CAPITAL CULTURAL
O XII Festival Atlántica programa en Santiago unha vintena de propostas entre o 1 e o 6 de xullo
24 planes diferentes gratuítos que inclúen contos, música, andainas, unha ruta en bicicleta, un documental e un obradoiro. A función inaugural será ‘Pisando el llano’ de La Chana Teatro que tamén representará ‘Blancanieves’, premio Max 2023 ao mellor espectáculo infantil, xuvenil e familiar. Xunto á portuguesa Ana Sofia Paiva e o xaponés Yoshi Hioki estarán ‘clásicos’ de Atlántica como Paula Carballeira, Vero Rilo, Cris de Caldas, Paco Nogueiras ou Raquel Queizás, entre outros. Protagonismo de la...
PLENO
O Pleno aproba a incorporación das distincións Alba de Compostela e de Mulleres de Compostela ao Regulamento municipal de títulos, honras e condecoracións
A sesión plenaria desta mañá deu luz verde á proposta da Alcaldía para a modificación do Regulamento de títulos, honras e condecoracións que permitirá a inclusión das distincións de "Alba de Compostela" e "Mulleres de Compostela" así como dunha serie de melloras de fondo e forma desta normativa municipal. Os grupos municipais tamén aprobaron por unanimidade unha declaración de felicitación e agradecemento ao Colexio A Inmaculada de Santiago con motivo do seu 100 anos de...
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o contrato dos Fogos do Apóstolo á empresa Pirotecnia Igual
A Xunta de Goberno local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, deu luz verde á adxudicación do contrato do "Servizo de deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das festas do Apóstolo 2024 do Concello de Santiago", á empresa Pirotecnia Igual, por un importe total, IVE engadido, de 216.590 euros, sendo a oferta máis vantaxosa de todas as presentadas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello e Ourives de Compostela procuran a colaboración do Goberno do Estado no desenvolvemento do Plan Estratéxico da Ourivería
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e os representantes da asociación Ourives de Compostela mantiveron hoxe unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia para presentarlle as actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico da Ourivería, na procura da colaboración do Executivo estatal. Pedro Blanco interesouse polo proxecto do Centro de referencia da Ourivería, e comprometeuse a explorar vías de cooperación por parte do Goberno central.
ALCALDÍA
A alcaldesa Goretti Sanmartín anima a "tomar consciencia" á hora de escoller onde mercar
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe na entrega dos premios Peme do Ano da Cámara de Comercio, nun acto no que parabenizou a todas as persoas galardonadas así como a iniciativa colectiva, que pón o foco nos proxectos empresariais que máis o merecen". Na súa intervención, animou á veciñanza a "tomar consciencia" á hora de "escoller onde mercar, a que empresa chamar ou que producto seleccionar".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Comeza o programa de formación especializada sobre cooperativismo impulsado polo Concello e EspazoCoop
Mañá bota a andar o programa de formación especializada sobre cooperativismo, enmarcado no convenio de colaboración entre a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude e a Unión de Cooperativas Espazocoop. Serán catro cursos gratuítos presenciais, que se desenvolverán no edificio Cersia de San Lázaro. O obxectivo é consolidar as empresas de economía social, e potenciar o intercambio de experiencias entre elas.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Compostela #mudaoconto con teatro contra o antixitanismo de xénero
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais colabora con AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, no seu programa #mudaoconto contra o antixitanismo de xénero. No marco desta cooperación, o Teatro Principal acolle o próximo sábado a obra "No soy tu gitana", unha peza que pón o foco nos prexuízos e estereotipos sobre as mulleres xitanas.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller falecida en Girona o pasado 10 de xuño, vítima de violencia de xénero.