ALCALDÍA

O Goberno municipal estudia fórmulas de financiamento con empresas privadas para sacar adiante algúns proxectos

22/08/2011

Preguntado polo inicio en setembro dun novo curso político, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, anunciou que "xa está feito un pequeno borrador de orzamentos para o ano que vén" e recordou que "xa se ten feito unha pequena reestruturación da vida administrativa municipal". Ademais e partindo da "situación moi complicada" dende o punto de vista económico, indicou que se acometerá unha operación de tesourería para atender os provedores e fórmulas financeiras para financiar...

Ler máis

CULTURA

Música tradicional e antiga para pechar a segunda semana do Festival dos Abrazos

19/08/2011

Dous concertos pechan este sábado a segunda semana de programación do festival: ás 20:00 horas, na praza de Fonseca temos unha cita coa música tradicional de Ruote (se chove será no Teatro Principal) e, ás 21:00 horas, na igrexa da Universidade, coa música antiga de Concordi Musici. O luns 22 haberá actividade infantil cos Trogloditas de Tanxarina na Alameda ás18:00 horas (se chove tamén será no Principal) e dous concertos de Feito a Man: Es un Arbol en Tras Salomé, ás 20:00 h., e Coralie...

Ler máis

CONSORCIO

O Compostela Organum Festival programa seis concertos no seu ciclo de verán

19/08/2011

O ciclo de verán do Compostela Organum Festival, organizado polo Consorcio da Cidade de Santiago, dará comezo o martes 23 de agosto, cunha serie de seis concertos que se celebrarán ata o día 28 deste mes en diversas igrexas da capital galega. Entre os organistas que participarán destacan Bruno Forst, Vicent Bru, Ignasi Jordá, Esteban Landart, Ana Aguado e Andrés Cea Galán.

Ler máis

ALCALDÍA

O IES Rosalía de Castro remodela a fachada e os seus teitos de madeira

19/08/2011

O concelleiro de Educación, Ángel Currás, acompañou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, na visita que este realizou ao IES Rosalía de Castro para dar conta da evolución das obras que se están a desenvolver neste instituto compostelán no marco do Plan Director para mellorar as súas instalacións.

Ler máis

ALCALDÍA

Un ano máis lembrando a Ánxel Casal

19/08/2011

No ano no que se cumpren 75 anos da aparición do seu corpo en Cacheiras (Teo), celebrouse a tradicional homenaxe a Ánxel Casal ao pé do monolito que lembra ao que fora alcalde de Santiago.

Ler máis

CULTURA

Diferentes estilos musicais na xornada do venres no Festival dos Abrazos

18/08/2011

Na xornada do venres 19, a protagonista absoluta da programación do Festival dos Abrazos será a música, aínda que de estilos moi diferentes. A igrexa da Universidade será o escenario do primeiro dos concertos de Música Antiga que se fan en colaboración coa Obra Social ‘la Caixa’. Será con Melante´s Band a partir das 21:00 horas. E un pouco máis tarde será na Zona "C" onde siga soando música. Ás 22:00 horas temos unha cita co rock dos Dirty Socks, dentro do Feito a Man, e a partir das 23:00...

Ler máis
Compartir: