EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música ofreceu un "Concerto pola paz" na praza do Toural
Celebrouse a primeira das actuacións do Ciclo de Concertos da Banda e a Orquestra de Corda da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, que coincidindo coa celebración do Día Internacional pola Paz, convidou a todos os composteláns a participar no Concerto pola Paz, na praza do Toural. O concelleiro de Educación, Ángel Currás, achegouse ata o concerto.
CULTURA
Compostela Rock continúa con Corizonas, Diamond Dogs, Cooper e Mark Lanegan
Compostela Rock, nova aposta da Concellaría de Cultura, inaugurouse o sábado 14 de xaneiro cos irlandeses The Answer, na Sala Capitol. O concerto foi un éxito e máis de 500 persoas gozaron da banda, elixida por AC/DC como teloneiros na súa última xira mundial, que chegaba a Compostela para dar o único concerto en Galicia. O ciclo continua agora con Corizonas, Diamond Dogs+Sugar Mountain, Cooper e Mark Lanegan+Creature with The Atom Brain, e xa en maio con Toy Dolls e Leiva. Todos na Sala Capitol.
EDUCACIÓN
O Premio Compostela de Álbums Ilustrados consolídase como certame de referencia internacional e alcanza a súa quinta edición
O Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, dotado con 9.000 euros para o mellor traballo en concepto de adianto polos dereitos de autor.
SEGURIDADE CIDADÁ
Balance policial da noite do xoves
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez Aldrey deu conta do balance policial da madrugada do xoves ao venres, na que houbo unha presenza masiva de mozos e mozas nas rúas compostelás. Resaltou como danos máis importantes o arrincado de varias palmeiras e plantas do espazo axardinado da costa das Camelias –xa repostas- e a rotura de espellos a cinco vehículos.
PLENO
Aprobados os cambios na ordenanza reguladora do estacionamento de residentes
A Corporación deu o visto bo inicial á modificación da ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e do estacionamento de residentes, cos votos favorables do grupo de Goberno, o negativo de PSdeG-PSOE e a abstención do BNG. A norma, tal como explicou o concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, contén como principal novidade que os residentes empadroados na cidade terán a posibilidade de estacionar nas zonas verdes coa súa tarxeta de residente por municipio,...
DEPORTES
Cita coa esgrima no pavillón de Pontepedriña
O pavillón polideportivo de Pontepedriña acolle o sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro o VI Trofeo Compostela Esgrima. Entre 150 e 180 deportistas daranse cita neste torneo, que inclúe o Ranking Galego de Espada (en categorías absoluta e para menores de 15 anos) e o Ranking Nacional de Veteranos (en espada e florete).
INFRAESTRUTURAS
O Concello intensificará os controis de calidade nas obras da rede viaria e priorizará infraestruturas nesta materia
A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, anunciou en rolda de prensa a contratación de dous estudos: un para analizar todas as necesidades en materia de infraestruturas viarias e outro para verificar as calidades de obras xa executadas.
PLENO
O Concello regula os espazos e as características estéticas das terrazas
Na sesión ordinaria de xaneiro do Pleno municipal aprobouse inicialmente a nova ordenanza municipal reguladora das terrazas e quioscos de hostalería. Tamén se cambiou a norma reguladora do servizo de axuda no fogar e deuse o visto bo inicial ao regulamento do Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade.
ALCALDÍA
O Concello acomete melloras viarias en Grixoa e Barciela e no contorno do Centro Sociocultural de Marrozos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, acompañado polos concelleiros de Infraestruturas, María Castelao, e de Medio Rural, Luis Bello, visitou as obras de mellora realizadas en vieiros da Barciela e Grixoa e no contorno do Centro Sociocultural de Marrozos. Investíronse máis de 350.000 euros nestas tres obras.
ALCALDÍA
Paul Daniel será o director titular da Real Filharmonía de Galicia a partir de 2013
O alcalde e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa, fixo pública a decisión de nomear ao británico Paul Daniel director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2013. Sucederá no posto ao mestre Antonio Ros Marbà, titular da Filharmonía dende o ano 2000. Paul Daniel está vinculado á orquestra galega como principal director convidado dende 2007. Ademais, Daniel asumirá a dirección da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, centro docente unido á Real...