BENESTAR SOCIAL

Clausurados en Vite os obradoiros para maiores "Adaptándose á xubilación"

27/02/2012

Clausuráronse os obradoiros Adaptándose á xubilación, que se desenvolveron os días 6, 13, 20 e 27 de febreiro no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite e que foron impartidos polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais, en colaboración co Club de Maiores do CSC de Vite.

Ler máis

MOBILIDADE

Entra en servizo o cuarto taxi adaptado

27/02/2012

As persoas con mobilidade reducida teñen á súa disposición un novo taxi adaptado. E o cuarto destas características que entra en servizo, avanzando cara a esixencia legal de ter como vehículos accesibles o 5% do total da flota antes de 2017. Co número actual de vehículos, 147, deben ser obrigatoriamente sete os adaptados para esa data.

Ler máis

EDUCACIÓN

Éxito de público da segunda entrega do ciclo de concertos "Música nas prazas"

26/02/2012

A praza Roxa acolleu un novo concerto da Banda da Escola Municipal de Música e da Agrupación de Música Tradicional, que xuntou a máis de 40 alumnos e alumnas que cursan os seus estudos neste centro educativo público municipal. Numerosas familias e paseantes gozaron do concerto, ao igual que o concelleiro de Educación, Ángel Currás.

Ler máis

CULTURA

Diamond Dogs presentan o seu novo álbum, "Set fire to it all", dentro do Compostela Rock

24/02/2012

Compostela Rock, nova aposta da Concellaría de Cultura ofrece o sábado 25, ás 20:30 horas na Sala Capitol, unha nova cita, desta vez cos Diamond Dogs e Sugar Mountain. Os Diamond Dogs, que nos presentan o seu novo traballo, Set fire to it all, chegan a Santiago capitaneados por dous dos guitarras máis importantes da súa historia: International Fred e Lars Karlsson. Os teloneiros, os galegos Sugar Mountain, presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación. Máis adiante,...

Ler máis

EDUCACIÓN

Inaugurado o Ciclo de Concertos Didácticos "Os contos do país do xeo"

24/02/2012

Inaugurouse no CEIP Lamas de Abade o II Ciclo de Concertos Didácticos Os contos do país do xeo, que se celebrarán no centros de educación infantil e primaria de Santiago. O concelleiro de Educación, Ángel Currás, participou no primeiro destes concertos, impartidos a través da Escola Municipal de Música.

Ler máis
Compartir: