CENTROS SOCIOCULTURAIS
Quinta edición da Exposición da Camelia no Centro Sociocultural da Rocha
O Centro Sociocultural da Rocha Vella acolle unha nova edición da exposición dedicada á flor da Camelia os días 1 e 2 de febreiro.
CULTURA
Catorce novas propostas musicais ata xuño no ciclo Compostela Rock
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o cartel do ciclo Compostela Rock ata o mes de xuño. Comprende 14 propostas arredor do rock pero que recollen outros estilos musicais e que se celebrarán na Sala Capitol, Teatro Principal, Zona C, Auditorio Novagalicia Banco e Multiusos do Sar. O programa do ciclo para este 2014 xa comezou coa Orquesta Metamovida o pasado 17 de xaneiro nun exitoso concerto na Sala Capitol. Engádense agora ao programa, que se irá completando con máis propostas nos vindeiros meses, Eondry,...
PLENO
Dada conta ao Pleno da aprobación definitiva das ordenanzas fiscais para 2014
Na sesión ordinaria de xaneiro do Pleno da Corporación deuse conta da aprobación definitiva das ordenanzas fiscais para o ano 2014, unha vez estudadas as alegacións presentadas. Tamén se deu conta do nomeamento de representantes veciñais no Consello de Relacións Veciñais
ALCALDÍA
Reunión do alcalde cos veciños das parroquias da Gracia e de Son
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a voceira do Goberno municipal, María Pardo, mantiveron unha reunión cos veciños da Gracia e de Son ao remate do Pleno ordinario.
TURISMO
Santiago supera por segundo ano consecutivo o récord de pernoctacións internacionais na cidade
As pernoctacións internacionais continuaron crecendo en Santiago durante o ano 2013 ata marcar por segundo ano consecutivo un novo récord do turismo internacional na cidade, segundo apuntou a concelleira de Turismo, Reyes Leis, nunha rolda de prensa de valoración dos datos turísticos do ano 2013. As pernoctacións foráneas en Santiago alcanzaron as 447.188 en 2013, que representan un crecemento do 7,2% respecto a 2012, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).
XUVENTUDE
Xuventude organiza un campamento de iniciación ao esquí en Leitariegos (León)
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presentou o campamento de iniciación ao esquí Imos á neve, que se desenvolverá do 2 ao 4 de marzo en Leitariegos (León). Ata 30 mozos e mozas de 14 a 20 anos poderán participar neste programa, que combinará as clases de esquí con actividades de inglés e xogos.
PATRIMONIO
Reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
A concelleira de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación, Cidade Histórica e Patrimonio, María Pardo, participou na sede da Federación Española de Municipios e Provincias en Madrid na reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A reunión estivo presidida por Miguel Ángel Nieto, alcalde de Ávila e presidente desta Comisión, e contou coa asistencia dos dous coordinadores da Comisión: Carmen Crespo, concelleira de Patrimonio do Concello de Tarragona, e...
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Concello repartirá máis de 57.000 euros entre 42 entidades veciñais
O concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya, deu conta do acordo de Xunta de Goberno relativo ás subvencións veciñais do 2013, onde se repartiron un total de 57.551,82 euros entre 42 entidades veciñais. Das 43 solicitudes presentadas ás que se lles concedeu a axuda (todas as que a pediran), completaron a fase de xustificación 42 delas. A cada unha destas entidades veciñais comunicaráselles de xeito individualizado nos vindeiros días a cantidade a percibir finalmente.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o programa "Imos ao baile 2014"
O sábado 1 de febreiro abrirase unha nova edición do programa para maiores Imos ao baile, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais. Será cun baile a partir das 17:30 horas na Casa das Asociacións de Cornes (rúa de Manuel Beiras, 3).
ALCALDÍA
Aberta a exposición "Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración da mostra Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a Fundación Novacaixagalicia. O acto, desenvolveuse na sala de exposicións do Centro Cultural da Fundación, onde está disposta a exposición, e contou tamén coa presenza de Xulio Maside, sobriño do artista e representante da familia; e Pedro Otero, xerente da Fundación...