BENESTAR SOCIAL
O Concello reclama unha maior contribución económica da administración autonómica no programa do Servicio de Axuda no Fogar
Perto de cen persoas se acolleron ao programa de Servicio de Axuda no Fogar (SAF) ao longo do pasado ano, un programa que, segundo a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, "constitúe un pilar básico dos servicios sociais, cada vez máis reclamado e necesario e que precisa por tanto de maiores recursos económicos". A concelleira demandou neste senso que as administracións públicas "teñan en conta esta demanda social" e sinalou que a aportación da Xunta de Galicia, estimada en custo por persoa, segue a ser a...
FESTAS DA ASCENSIÓN
Os maiores celebrarán a Festa dos nosos maiores o sábado, 7 de maio
Un ano máis as Festas da Ascensión serán o marco para o encontro dos máis vetaráns veciños da cidade, que celebrarán a Festa dos nosos maiores o próximo sábado, 7 de maio.
CIDADE
Santiago terá unha rúa dedicada ao Papa Xoán Pablo II
O Alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a intención de designar unha rúa co nome do Papa Xoán Pablo II, recentecemente falecido.
EDUCACIÓN
Programa de Educación Afectivo Sexual para mozos de Santiago de Compostela
O Departamento de Educación e Mocidade do Concello promove un programa de educación afectivo-sexual dirixido aos mozos de Santiago. O obxectivo da súa posta marcha é o de instaurar os seus contidos no sistema educativo.
ALCALDÍA
Fraga recibe a Sánchez Bugallo
O Estatuto da Capitalidade, a reunión das cidades Premio Europa e a Cidade da Cultura foron algúns dos asuntos abordados polo alcalde compostelán durante a audiencia mantida co Presidente da Xunta, Manuel Fraga, en San Caetano.
EMPREGO
Vintenove persoas atoparon traballo grazas ao Proxecto Persoa
O Concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, fixo balance da primeira fase do proxecto Persoa, un programa que impulsa a integración laboral de desempregados a través da súa participación nun proceso integral de inserción en ocupacións encadradas como novos xacementos de emprego.
PROTOCOLO
O embaixador de Cuba visita Compostela
O Alcalde recibiu ao embaixador de Cuba en España, Alberto Velazco San José na Casa do Concello
CIDADE
Falece Ángel Rodríguez González, cronista da cidade
Ángel Rodríguez Gonzalez, cronista oficial da cidade de Santiago de Compostela desde o ano 1966 e Medalla de Ouro ao mérito cultural, faleceu aos 85 anos de idade en La Línea de la Concepción (Cádiz).
PLENO EXTRAORDINARIO
Apróbase a adhesión á Carta de Vitoria e o Peri-12
O Concello aprobou na sesión extraordinaria do Pleno a adhesión a denominada "Carta de Vitoria", que recolle o decálogo das reivindicacións do municipalismo español, así como o Peri-12, o Colexio Manuel Peleteiro.
INMIGRACIÓN
Establécense sete documentos para a regularización dos inmigrantes
Os inmigrantes que queiran regularizar a súa situación en Santiago de Compostela poden presentar os documentos acreditativos na Oficina de Inmigración, sita na Praza do Obradoiro, nos baixos de Raxoi.