EDUCACIÓN E MOCIDADE
Entréganse os premios Vagalume 2005
Os gañadores dos premios Vagalume 2005, que recoñecen o traballo de colectivos e persoas individuais que desenvolven as súas actividades cunha clara vocación social, recibiron o mércores 21 de decembro o seu galardón de mans do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos.
ALCALDÍA
Unha delegación da cidade turca de Diyarbakir visita o Concello
Na Casa do Concello o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a unha delegación de Diyarbakir, cidade de maioría kurda situada no sudeste de Turquía, encabezada polo seu alcalde, Abdullah Demirbas.
DEPORTES
Inaugúrase o polideportivo do Restollal
Santiago conta desde o xoves 22 cun novo polideportivo, situado entre a rúa Isidro Parga Pondal e a rúa de Emilio e de Manuel, no Restollal (Paxonal). O orzamento total do pavillón, ubicado nunha parcela de 2.100 metros e deseñado polo arquitecto Antonio Pena, é de 1.065.374 euros.
AUDITORIO DE GALICIA
Pablo Pérez Sanmartín é o gañador do Cuarto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas
Os accésits foron para Sara Sapeti, Rubén Santiago, Santi Jiménez e José Paz. A exposición das obras finalistas e gañadoras permanecerá aberta desde o 21 de decembro de 2005 até o 5 de febreiro de 2006 no Auditorio de Galicia. Poderase visitar todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.
BENESTAR SOCIAL
O alcalde visita o mercadiño solidario da Praza de Abastos
Xunto á concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, Sánchez Bugallo visitou na mañá do xoves 22 o mercadiño solidario promovido polas asociacións do Consello Municipal de Servizos Sociais.
ENTREVISTA
Jacobo Remuñán, autor do calendario do Concello 2006
O calendario que cada ano edita o Concello de Santiago elexiu para o novo ano que comeza a obra dun só autor, Jacobo Remuñán, fotógrafo "de rúa", que exerce o seu labor fundamentalmente nos arredores da Praza do Obradoiros.
Trece fotografías en branco e negro, extraídas do seu libro "Sombras de pedra: unha mirada máxica a Compostela", renden homenaxe á inmortalidade e a melancolía dos obxectos, sombras, pedras e persoas anónimas que conforman a nosa cidade. Xunto con outras sete...
CIDADE
O xefe da Casa Real, designado delegado rexio na Ofrenda de Traslación
Segundo comunicou onte a Casa Real ao alcalde de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O alcalde inaugura a exposición "Sombras de pedra" no centro sociocultural das Fontiñas
A inauguración da exposición fotográfica "Sombras de pedra" no centro sociocultural das Fontiñas contou cun convidado especial, o alcalde da cidade turca de Diyarbakir, Abdullah Demirbas, que quiso tomar contacto cos cidadáns de Compostela elixindo un dos seus barrios máis populares, Fontiñas.
ALCALDÍA
O concello asina un convenio co Colexio La Salle para regular o uso da dársena do centro
O alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, Miguel Zamora Martín, representante da Congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás, e Ángel-Jesús Hernando Benito, director do Colexio La Salle, asinaron o mércores 21 un convenio para regular o uso da dársena de autobuses ubicada no patio deste centro.
EMIGRACIÓN-INMIGRACIÓN
Semana de educación intercultural
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, recibiron na Casa do Concello aos representantes dos centros educativos que participan na semana de educación intercultural.