XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o contrato dos Fogos do Apóstolo á empresa Pirotecnia Igual
A Xunta de Goberno local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, deu luz verde á adxudicación do contrato do "Servizo de deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das festas do Apóstolo 2024 do Concello de Santiago", á empresa Pirotecnia Igual, por un importe total, IVE engadido, de 216.590 euros, sendo a oferta máis vantaxosa de todas as presentadas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello e Ourives de Compostela procuran a colaboración do Goberno do Estado no desenvolvemento do Plan Estratéxico da Ourivería
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e os representantes da asociación Ourives de Compostela mantiveron hoxe unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia para presentarlle as actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico da Ourivería, na procura da colaboración do Executivo estatal. Pedro Blanco interesouse polo proxecto do Centro de referencia da Ourivería, e comprometeuse a explorar vías de cooperación por parte do Goberno central.
ALCALDÍA
A alcaldesa Goretti Sanmartín anima a "tomar consciencia" á hora de escoller onde mercar
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe na entrega dos premios Peme do Ano da Cámara de Comercio, nun acto no que parabenizou a todas as persoas galardonadas así como a iniciativa colectiva, que pón o foco nos proxectos empresariais que máis o merecen". Na súa intervención, animou á veciñanza a "tomar consciencia" á hora de "escoller onde mercar, a que empresa chamar ou que producto seleccionar".