FESTAS
Carrozas, comparsas e charangas encherán de música e cor as rúas de Compostela nunha nova edición das Festas do Entroido, que terán a De Vacas como pregoeiras
O Entroido chega a Compostela e arrancará oficialmente o día 10 co desfile do Meco e o pregón, que este ano corre a cargo do grupo De Vacas. Seguirán varias xornadas de festa, charangas, música e moita diversión.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Lleida o 15 de xuño do 2023 e pola muller asasinada en Girona o 27 de xaneiro de 2024, vítimas de violencia machista.
ALCALDÍA
O Concello habilitará dúas novas parcelas como aparcadoiro provisional mentres duren as obras de ampliación do CHUS
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou hoxe en rolda de prensa que o Concello acondicionará dúas novas áreas de estacionamento con carácter provisional mentres se executan as obras de ampliación do complexo hospitalario. As parcelas son as situadas á beira do aparcadoiro de borde de Santa Marta e a próxima ao CIMUS e ofertarán entre 250 e 270 prazas gratuítas.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Chega ao Teatro Principal a obra "Aquí nunca pasa nada" para concienciar sobre a explotación das mulleres migrantes
O Teatro Principal acollerá o próximo venres, 9 de febreiro, a representación da obra "Aquí nunca pasa nada", da compañía Teatro Sin Papeles. A montaxe, inspirada na Operación Carioca, chega a Santiago no marco da colaboración entre a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, co obxectivo de concienciar sobre a situación que viven as personas migrantes e, en particular, as mulleres vítimas das redes de trata.