SEGURIDADE
A V Gala pola Seguridade Viaria pecha as actividades de Educación Viaria cos escolares de Compostela
Preto de 500 nenos e nenas dos centros escolares de Compostela participaron esta mañá no Auditorio de Galicia na V Gala pola Seguridade Viaria, a gran festa coa que remata o programa de formación dirixido ao alumnado compostelán de 4º de primaria que o departamento de Educación Viaria da Policía Local desenvolveu ao longo do curso. Nesta edición, o programa de actividades foi seguido por arredor de 900 nenos e nenas de 24 colexios de Santiago.
CIDADES PATRIMONIO
San Cristóbal de la Laguna acolle a celebración da Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade este sábado 3 de xuño
O alcalde de Santiago en funcións, Xosé Sanchez Bugallo, asiste mañá en San Cristóbal de La Laguna á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, na que se aprobará, entre outros asuntos, o programa de actividades con motivo do 30 aniversario do grupo. O rexedor compostelán participará esta tarde na Comisión Executiva do grupo.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
San Marino amosa o seu interese en establecer relacións de cooperación turística con Santiago
O concelleiro de Relacións Institucionais en funcións, Sindo Guinarte, reuniuse hoxe con Giovanni Francesco Ugolini, quen foi Capitán Rexente de San Marino nos semestres do 1 de abril ao 1 de outubro de 2002; e durante o semestre do 1 de outubro de 2010 ao 1 de abril de 2011. No encontro, Ugolini amosou o seu interese en establecer relacións de cooperación turística entre os departamentos de turismo de Compostela e de San Marino. Tamén asistiu Andrea Paesini, embaixador do Camiño de San Marino.
EMPREGO
Marta Abal destaca na clausura das xornadas "Descubre o talento" a aposta do Concello polas empresas de inserción
A concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local en funcións, Marta Abal, destacou hoxe na clausura das xornadas "Descubre o Talento", a aposta do Concello de Santiago polos centros especiais de emprego e as empresas de inserción.