ALCALDÍA
Rematadas as obras de mellora de accesibilidade e información na estación de autobuses de Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as obras de mellora realizadas na estación de autobuses de Santiago, acompañado pola directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas. Esta intervención, realizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no marco do seu Plan Renove, supuxeron un investimento de 350.000 euros.
CULTURA
Cinco novas propostas para o ciclo Blues Nite by 1906 ata o mes de maio
A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron os novos concertos do ciclo Blues Nite by 1906 ata o mes de maio. Este ciclo naceu no ano 2013 e nel fanse propostas de diferentes estilos de música, todos arredor do blues e as súas variantes e fusións e, dende setembro de 2014, conta coa colaboración de 1906.
TURISMO
O aeroporto de Santiago supera en 50.000 pasaxeiros internacionais o obxectivo de 2014
O aeroporto de Santiago conseguiu un novo récord nas súas conexións internacionais directas, con 449.231 pasaxeiros, 100.000 máis que no 2013. Entre 2011 e 2014, o tráfico nas conexións internacionais directas creceu máis dun 100%, pasando de 219.993 pasaxeiros en 2011 a 449.231 en 2014.