CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese a mostra fotográfica "Espazos compartidos. Cines e vidas", do programa Compostela Cine Classics
Unha exposición conformada por 15 fotografías seleccionadas das concorrentes no concurso promovido pola edición deste ano do Compostela Cine Classics, pecha a programación sociocultural deste proxecto, que arrancara en setembro de 2014 e que acolleu ata 36 accións distintas entre proxeccións cinematográficas, faladoiros, obradoiros e exposicións, nas que participaron mais de 2.000 persoas.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude convoca a segunda edición do Certame SantiAutor
A concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, presentou as bases que rexerán o 2º Certame SantiAutor para artistas noveis, que ten como obxectivo promover, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade de Compostela e do conxunto de Galicia. A convocatoria vai dirixida a cantautores cunha idade máxima de 35 anos, que poderán inscribirse entre o 19 de xaneiro e o 20 de febreiro de 2015.
COMERCIO
O alcalde participou no sorteo dun coche entre os compradores da campaña de Nadal nos comercios da zona monumental
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Comercio, Reyes Leis, participaron no tradicional sorteo do coche da campaña de Nadal da asociación comercial Compostela Monumental. O acto celebrouse no Hostal dos Reis Católicos.