ALCALDÍA
A drenaxe do Sarela permitirá reducir as inundacións en Galeras e Carme de Abaixo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as obras que o Concello, a través da concesionaria Viaqua, está realizando para retirar sedimentos e obstáculos vexetais no leito do río Sarela, no tramo comprendido entre o parque de Galeras e Carme de Abaixo. Xa se limparon uns 100 metros da canle do río e os traballos prolongaranse durante unas tres semanas.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concurso de Cartas de Nadal anima os nenos e nenas a utilizar o galego e a indagar nas tradicións destas datas
A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, presentou o Concurso de Cartas de Nadal 2014, unha proposta dirixida ás escolas e ás familias para que os nenos e nenas enchan de contidos as súas solicitudes de agasallos. Será unha boa maneira de que os pequenos practiquen destrezas como a escrita ou o debuxo, pero tamén para investigar, reflexionar e comprometerse.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O sorteo das hortas urbanas de Belvís celebrarase no CIAC o venres 12 de decembro
O Centro de Interpretación Ambiental do Concello de Santiago (CIAC), acollerá o venres 12 de decembro, ás 18:00 horas, o sorteo das hortas urbanas municipais de Belvís de Abaixo.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O CIAC programa un obradoiro de fabricación de xoguetes e unha nova exposición sobre biodiversidade en Galicia
Este mes de decembro, na sala de exposicións temporais do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) rematará a exposición de fotografía InvestigaArte e abrirase a mostra Galicia, biodiversidade enmarcada no Ciclo Biodiversidade na cidade, dentro da cal se realizará o relatorio Algúns dos mamíferos que habitan na contorna de Compostela. E xa en datas de Nadal, haberá un obradoiro de fabricación de xoguetes con materiais de refugallo e un roteiro polas Brañas do Sar.
CULTURA
Case 30.000 persoas asistiron ás proxeccións da XXVIII edición de Cineuropa, unha das máis exitosas do festival
Cineuropa rematou o pasado domingo, 30 de novembro, a súa 28ª edición, unha das máis exitosas do festival. En total foron 29.500 persoas as que asistiron ás proxeccións, ás que hai que engadir as 3.400 que foron a Cineuropa Concerto, actividades entre as que tamén se atopaba a proxección dun filme de Chaplin, acompañado pola música en directo da Real Filharmonía de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as actividades do programa Compostela Cine Classics 2014
Esta semana hai dúas citas de interese dentro do programa Compostela Cine Classics 2104, organizado polo Departamento de Centros Socioculturais: un obradoiro para nenos e unha nova proxección no Centro Sociocultural de Santa Marta.
CULTURA
Novas citas para que cidadáns e visitantes preparen a decoración da Árbore das Ilusións
O Concello de Santiago promove neste Nadal a iniciativa A Árbore das Ilusións. Trátase de decorar entre todos e para todos a árbore de Nadal que se situará na praza Roxa. Peza por peza, búscase representar as ilusións e desexos dos veciños de Santiago, partindo da idea de que en moitas culturas a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva.
CULTURA
Il Maquinario Teatro presenta "Perplexo" dentro do Bono de Teatro Galego
Os ourensáns Il Maquinario Teatro presentan en Compostela a súa segunda produción, Perplexo, unha comedia de Marius von Mayenburg. Será este mércores 3 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Teatro & Danza.
CULTURA
Cancelación da xira de "Las dos bandoleras"
FEI, Factoría Escénica Internacional vén de comunicar a suspensión a partir da xira da súa obra teatral Las dos bandoleras, o cal implica a suspensión da representación prevista en Compostela o 18 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Teatro & Danza. A compañía comunicou que toma esta decisión a causa do estado de xestación da protagonista da obra, Macarena Gómez, que por prescrición facultativa, debe gardar un repouso incompatible coa súa...
TURISMO
Reyes Leis participou en Alcalá na Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou este martes no Concello de Alcalá de Henares na Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Na reunión realizouse un repaso aos diferentes programas que se están desenvolvendo no último trimestre do ano no seo da Comisión, en cumprimento do Plan Operativo 2014.