EMPREGO
A Axencia Local de Colocación colaborará con Primark na colocación de máis de cen mozos e mozas composteláns
A cadea téxtil Primark ten previsto contratar para a súa nova tenda do Centro Comercial As Cancelas a máis dun centenar de mozos e mozas composteláns aos que lles guste a moda. Así o asegurou a directora de Recursos Humanos de Primark Iberia, Juana Rodero, ao remate da reunión que mantivo coa concelleira de Emprego, Paula Prado.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Moi boa acollida das primeiras rutas de "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
O programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, segue a programar rutas didácticas pola cidade e as parroquias de Santiago.
CULTURA
Trinta e sete funcións no programa de Teatro&Danza de setembro a decembro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do ciclo Teatro&Danza para este cuadrimestre setembro-decembro. En total serán 37 funcións de 18 propostas teatrais diferentes que se poderán ver no Teatro Principal e na Zona "C".
DEPORTES
A construción do novo campo de herba artificial de Conxo estará incluída nos orzamentos municipais de 2013
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron a directiva do Club Deportivo Conxo. Estes recibiron o compromiso do rexedor municipal de que o novo campo de herba artificial previsto para o barrio estará incluído nos orzamentos de 2013.
SEGURIDADE CIDADÁ
Seguridade Cidadá reforza o dispositivo policial para a noite do xoves
A Concellería de Seguridade Cidadá vai reforzar o dispositivo policial para a noite de mañá xoves, 20 de setembro. Ante a previsible maior concentración de mozos e mozas por ser o primeiro xoves do curso, o Concello vai intensificar as medidas de control e seguimento que xa se veñen realizando habitualmente.
CULTURA
Santiago de Compostela recibe a IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela o mércores 19, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego. No acto inaugural estarán presentes a subdirectora do Museo do Pobo Galego, Mª Xosé Fernández, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou.