ALCALDÍA

O estudo de impacto ambiental da variante de Aradas estará listo no mes de xullo

29/06/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Urbanismo, María Pardo, mantiveron unha reunión de traballo co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández e outros responsables da Consellería. Da xuntanza saíu o anuncio de que o estudo de impacto ambiental da variante de Aradas estará listo no mes de xullo. Concello e Xunta seguen traballando tamén para optimizar a conexión do novo polígono industrial da Sionlla co resto do viario da cidade.

Ler máis

CULTURA

A raíña do rockabilly Wanda Jackson pecha esta edición do Compostela Rock

29/06/2012

Wanda Jackson será a encargada de poñer o broche de ouro a esta primeira edición do Compostela Rock. A raíña do rockabilly estará acompañada por Pedrito Diablo & Los Cadáveras (Pontevedra, rock&western) de teloneiros. Poderemos escoitar a Jackson, que comezou a súa carreira xirando con Elvis Presley, Jerry Le Lewis e gravou con artistas como The Cramps ou Elvis Costello o 4 de xullo, ás 22:00 horas, na Sala Capitol. As entradas, 20 € anticipada e 25 € o propio día, poden mercarse na billeteira do Principal,...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago comeza o proceso de construción do Centro de formación de referencia en materia de rehabilitación

29/06/2012

O Centro nacional de formación de referencia en materia de rehabilitación da Fundación Laboral da Construción terá a súa sede en Santiago de Compostela, cidade exemplo de boas prácticas no ámbito da conservación do patrimonio. Neste sentido, o Consorcio de Santiago acaba de ultimar o proxecto para a primeira fase de actuación na antiga curtidoría de Pontedepriña de Arriba, nas beiras do río Sarela, para a súa adecuación como futura sede do centro. Está previsto que nos...

Ler máis
Compartir: