CULTURA

"Pinocho, un conto musical" chega o domingo 27 ao Auditorio de Galicia

25/05/2012

A partir do éxito obtido na Mostra d’Alcoi de 2009, Pinocho, un conto musical iniciou unha xira estatal que permitiu achegar ao entrañable monicreque de madeira a máis de 40.000 espectadores. E dentro desta xira, o domingo 27 chega a Compostela o musical, que foi finalista ao mellor espectáculo infantil nos Max 2011. Será no Auditorio de Galicia a partir das 18:30 horas e as entradas, a 12 €, poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco, e na billeteira do Auditorio de Galicia o propio día do espectáculo...

Ler máis

URBANISMO

A delegación de competencias no perímetro azul permitirá axilizar preto de dous meses a concesión de licenzas neste ámbito

25/05/2012

A concelleira de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Cidade Histórica, María Pardo, expresou en rolda de prensa a súa satisfacción por que a Xunta de Galicia teña atendido a súa solicitude de delegación de competencias no perímetro azul do Casco Histórico. Esta asunción municipal de competencias, segundo a edil, permitirá axilizar a concesión de licenzas neste ámbito en torno a dous meses.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E URBANISMO

O Concurso de Balcóns ábrese a todo o termo municipal na súa cuarta edición

25/05/2012

As concellarías de Medio Ambiente e de Urbanismo convocan o IV Concurso de Balcóns, que por primeira vez se abre a todo municipio. O prazo de inscrición no certame estará aberto do 29 de maio ao 6 de xuño. O xurado e o público elidirán os mellores balcóns do Casco Histórico, do resto do termo municipal e tamén dos establecementos hostaleiros.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Obradoiros de cine e hip hop para seguir promovendo o uso do galego

25/05/2012

O domingo 27 de maio, dende as 11:00 horas, celebrarase na praza do Toural Galego de cine, un obradoiro de cinema e proxeccións para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Un día antes, o sábado 26, a praza Roxa acollerá, ás 11:00 e ás 18.00 horas, o taller Titerehop, neste caso destinado a adolescentes de 13 a 18 anos. Estas actividades, incluída no calendario de accións deseñado pola Concellería de Normalización Lingüística para celebra o Día das Letras Galegas, forma parte do programa...

Ler máis

CULTURA

Omega Brass Ensemble en concerto dentro do ciclo Música de Cámara

25/05/2012

O ciclo Música de Cámara, da Concellería de Cultura, ofrece o sábado 26 un novo concerto a partir das 20:30 horas no Auditorio de Galicia. Nesta ocasión será con Omega Brass Ensemble, un dos proxectos musicais máis interesantes e inquedos dos últimos anos en Galicia. As entradas, a 6 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal ou o mesmo día do concerto na do Auditorio de Galicia dende as 18:00 horas e ata o comezo do concerto.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Terceira xornada do programa "ACTÍVA-T"

25/05/2012

O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS impartiu a terceira das xornadas que, dentro dos Obradoiros ACTÍVA-T, se están a celebrar todos os mércores en colaboración co Centro Social Albergue Xoán XXIII.

Ler máis
Compartir: