OBRAS E INFRAESTRUTURAS
O Concello devolve unha liquidación da segunda fase das obras de reforzo do firme pola súa execución sen soporte contractual
A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, anunciou que a Intervención municipal procederá á devolución dunha liquidación de 135.726 euros presentada pola adxudicataria da segunda fase do contrato das obras de reforzo do firme en 2010 por obras realizadas a maiores dese contrato. Segundo explicou, o Concello non pode facer fronte ao pago dunhas obras feitas sen os trámites de contratación e intervención legalmente obrigatorios.
DEPORTES
Xuventude incorpora un Curso de Monitor de Tempo Libre á súa oferta formativa
O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou novas propostas formativas para os vindeiros meses. Entre elas destaca un curso de monitor de tempo libre, pero tamén se impartirá formación en materias como o coaching laboral, a fotografía, o cómic ou as curtametraxes.
CULTURA
"Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare", próxima obra de investigación teatral na Zona "C"
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; Jorge Rey e Alfredo Padilla presentaron Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare, a estrea absoluta que será a próxima obra teatral da Zona "C". As sesións, 15, serán do 16 de marzo ao 8 de abril e desenvolveranse en tres linguas: galego, español e inglés.
ALCALDÍA
O alcalde expresa o "orgullo" da cidade polo papel do Autos Lobelle na Copa de España
Tan só unha semanas despois de ter pasado por Raxoi polo seu triunfo na Copa Xunta, o Autos Lobelle de Santiago FS foi de novo recibido polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa. Esta vez, o club non puido levar o título da Copa de España, pero si realizou un gran papel, chegando á final ante o FC Barcelona.
CULTURA
O ciclo Íntimo & Acústico trae a Simon Finn, Daniel Higgs e a gala "Palabra de Muller"
Aline Frazao inaugurou en febreiro o novo ciclo Íntimo&Acústico. Agora, continuamos coas propostas deste ciclo que promete grandes citas musicais na nosa cidade. Este mes de marzo teremos a Simon Finn, Palabra de Muller e Daniel Higgs.