RECOLLIDA DO LIXO

O concelleiro de Limpeza Viaria anuncia "tolerancia cero" contra os vertidos ilegais e o depósito de lixo nas rúas fóra de horario

05/01/2012

O concelleiro de Recollida do Lixo e de Limpeza Viaria, Juan de la Fuente, anunciou que tras unha primeira fase de detección e de notificacións, o Concello vai proceder a sancionar a aqueles particulares e empresas que sigan depositando residuos en vertedoiros ilegais, así como aos establecementos que deixen o lixo nas rúas fóra do horario establecido.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Clausura do campamento "Urbanadal"

05/01/2012

Quince nenos e nenas participaron do 23 de decembro ao 5 de xaneiro na segunda edición do campamento urbano Urbanadal, organizado polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte da Concellería de Benestar Social xunto coa ANPA do CEIP Apóstolo Santiago. Este campamento prestou aos residentes da Zona Urbana Santiago Norte, un servizo de apoio á conciliación da vida laboral e familiar no tempo de vacacións escolares desta época do Nadal.

Ler máis

NADAL

Os Reis Magos encheron Santiago de ilusión

05/01/2012

Os Reis Magos volveron congregar nas rúas de Compostela a nenos e nenas cargados de ilusión na tradicional Cabalgata. Á espera dunha noite máxica e dos agasallos, os pequenos recibiron case tres toneladas de caramelos sen glute das Súas Maxestades, que tamén escoitaron persoalmente as peticións de todos eles.

Ler máis
Compartir: