CULTURA

A Real Filharmonía inaugura a temporada de concertos do Auditorio de Galicia coa ópera "O barbeiro de Sevilla"

09/09/2011

Xa está todo listo para a próxima temporada de concertos da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia, que terá inicio o próximo 28 de setembro cunha dobre función de ópera. O director titular da Filharmonía, Antoni Ros Marbà, á fronte da orquestra, e Curro Carreres, como director de escena, presentarán ao público O barbeiro de Sevilla, un evento que ademais se enmarca no 800 Aniversario da Catedral de Santiago.

Ler máis

ALCALDÍA

Feafes Galicia culmina a súa peregrinación de catro etapas en prol dunha imaxe normalizada para as enfermidades mentais

09/09/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi un grupo de 50 peregrinos da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes Galicia). A expedición chegou a Santiago tras percorrer 54 quilómetros do Camiño de Santiago para reivindicar unha imaxe normalizada das enfermidades mentais e a rachadura dos estigmas sociais sobre as mesmas.

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción á futbolista Verónica Boquete

09/09/2011

O alcalde, Xerardo Conde Roa, recibiu a futbolista compostelá Verónica Boquete, quen viaxará en breve a Rusia para comezar a temporada co Energy Voronezh. No encontro estivo tamén presente o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

Ler máis

ALCALDÍA

Os ourives mostran ao vivo o seu traballo artesanal sobre a prata e o acibeche

09/09/2011

A Asociación Ourives de Compostela realizou unha demostración na praza do Toural. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu a esta exhibición en vivo, na que se puido observar o traballo artesanal que se segue realizando en moitos talleres de Compostela sobre dous materiais moi significativos para a cidade e o mundo da peregrinación como son a prata e o acibeche.

Ler máis

ALCALDÍA

Decrétase o peche do vertedoiro de Aríns

09/09/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, vén de ordenar, a través dun decreto, o peche do vertedoiro de Aríns. Imponse á empresa que o viña xestionando o "cese inmediato da actividade, coa retirada dos seus equipos e maquinaria antes do 30 de setembro de 2011".

Ler máis
Compartir: