ALCALDÍA

Primeira toma de contacto de Conde Roa cos directivos da concesionaria Urbaser

02/09/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse con Santiago Alonso, director xeral de Urbaser, a concesionaria do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria no Concello. Tamén participaron na reunión o xerente da empresa en Santiago, Antonio Gómez, e o concelleiro de Barrios, Recollida do Lixo e Limpeza Viaria, Juan de la Fuente.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reitera que "Lavacolla non xoga na mesma división que os outros dous aeroportos de Galicia"

02/09/2011

"Seguimos pensando que o aeroporto de Lavacolla, con todo o respecto e cariño a Alvedro e Peinador, non xoga na mesma división que os outros dous aeroportos". Así se pronunciou o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, respecto ás negociacións para a captación de liñas internacionais, pouco antes de reunirse cos representantes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca.

Ler máis

CONSORCIO

A igrexa de Bonaval acolle o primeiro Festival Internacional de Música Medieval

02/09/2011

A programación preparada dende o Consorcio de Santiago con motivo do oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago continúa en setembro con Músicas da Itinerancia, un festival de música que durante unha semana reunirá na igrexa de San Domingos de Bonaval un total de sete agrupacións europeas, que presentarán un amplo percorrido por composicións propias da Idade Media.

Ler máis

VACACIÓNS EN PAZ

Despedida aos nenos saharauís en Lavacolla

02/09/2011

Os concelleiros Paula Prado, María Castelao e Albino Vázquez desprazáronse ata o aeroporto de Lavacolla para despedir aos nenos saharauís que pasaron este verán en Galicia. Tres destes rapaces estiveron con familias de acollida compostelás.

Ler máis
Compartir: