CULTURA

O Ciclo de Lied trae ao Principal un dos carteis máis atraentes das súas doce edicións

14/09/2011

O tenor Mark Padmore, a mezzosoprano Anna Grevelius, os barítonos Philip Smith e Thomas E. Bauer e a soprano Sandrine Piau, acompañados ao piano polo xa habitual Roger Vignoles, serán os protagonistas do XII Ciclo de Lied. O programa, composto por catro concertos no que resta de mes de setembro, os martes e os xoves no Teatro Principal, foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura, Ángel Currás e polo novo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou.

Ler máis

CULTURA

Teatro do Morcego estrea "American Café"

14/09/2011

Teatro do Morcego estrea o xoves 15 American Café, obra de R. Mohamed, adaptada por Henrique Harguidey baixo a dirección de Celso Parada. Repetirán función á mesma hora, 21.00 horas, o venres 16. As entradas están xa á venda na web de Novacaixagalicia e poderán mercarse tamén os días de función na billeteira do Teatro Principal, en horario de 12:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, a un prezo de 7 euros en butaca, platea e primeira planta; 5 euros...

Ler máis
Compartir: