TRÁFICO E MEDIO RURAL

O Concello coloca 17 sinais de tráfico para diminuír a perigosidade do punto negro da estrada de Son a Ponte Albar (Grixoa)

28/12/2011

Os concelleiros de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, e de Medio Rural, Luis Bello, visitan o punto negro situado na estrada de Son a Ponte Albar no lugar de Marzo de Arriba (Grixoa). Alí colocáronse 17 sinais de tráfico, co obxecto de diminuír a velocidade coa que os vehículos toman unha curva deste tramo e reducir a perigosidade do mesmo.

Ler máis

EDUCACIÓN

Continúan os programas de lecer e conciliación do Nadal en colexios, centros socioculturais e pavillón do Restollal

28/12/2011

Continúan desenvolvéndose as actividades de lecer e conciliación postas en marcha polo Concello para este Nadal en colexios, centros socioculturais, pavillóns e prazas da cidade. Os participantes nun dos programas, Nadalxogo, pasaron pola praza do Obradoiro, onde cantaron panxoliñas e foron visitados polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio axudará á Fundación Catedral na implantación dun sistema de xestión que permita o autofinanciamento do templo

28/12/2011

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o arcebispo e presidente da Fundación Catedral de Santiago, Julián Barrio, asinaron un protocolo de colaboración que vai permitir que o Consorcio apoie financeiramente á Catedral para implantar un modelo de xestión autosostible que permita o futuro autofinanciamento da Catedral e axude ao mantemento continuo do conxunto partindo dos ingresos que el mesmo xere.

Ler máis

CULTURA

Dous novos valores da canteira de cantantes vascos no terceiro concerto do Todo Lírica

28/12/2011

Co Nadal chegou de novo Todo Lírica, un ecléctico ciclo de concertos creado no 2001 co nome de Festival de Zarzuela de Santiago, que segue habitualmente o formato de recitais de voz e piano, e que cada ano vén ampliando os seus contidos a outros xéneros musicais. O ciclo, que se celebra ata o 3 de xaneiro con catro concertos, continúa o xoves 29 co concerto "París: opereta, chanson e belcanto", no que poderemos escoitar dous novos valores da música vasca, a soprano Ainhoa Zuazua e a mezzosoprano Marifé Nogales....

Ler máis
Compartir: