CONSORCIO

O Consorcio de Santiago remata as obras de restauración da Casa do Cabido

15/12/2011

Logo de once meses de obras de rehabilitación, un mes antes do previsto, o edificio barroco coñecido como Casa do Cabido volve abrir as súas portas destinado a uso público. O seu primeiro uso logo da súa restauración, será unha exposición que recreará a Compostela de 1211, ano da consagración da Catedral.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

Unha nova zona verde para revitalizar o Ensanche compostelán

15/12/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, visitaron a nova zona verde creada na rúa de Santo Domingo de la Calzada (costa das Camelias), que vén a substituír a cascada existente. Esta área axardinada nace co obxectivo de revitalizar e humanizar o Ensanche.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Dermalar, O Gato Cósmico e a xuíza Ana López-Suevos reciben os Premios Manuel Beiras polo uso do galego na súa actividade

15/12/2011

O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela entregaron os galardóns da décimo segunda edición dos Premios Manuel Beiras. No acto e recepción estiveron presentes o concelleiro de Normalización Lingüística, Ángel Currás; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; e o vicepresidente da entidade cameral e presidente do xurado dos premios, Evaristo Rodríguez Carracedo; entre outras personalidades do mundo político, empresarial e cultural de Compostela.

Ler máis

CULTURA

Teatro do Noroeste representa "Último cowboy" no Teatro Principal

15/12/2011

Teatro do Noroeste representa o venres 16 e o sábado 17, a partir das 21:00 horas, Último cowboy no Teatro Principal. Dirixida por Eduardo Alonso, enmárcase dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e está protagonizada por Miguel Pernas e Luma Gómez. Os prezos das entradas que están xa á venda na web de Novagalicia Banco e que poden mercarse na billeteira os días de función son de 7 euros en patio de butacas, platea e primeira planta; 5 euros en 2ª planta; e 3 euros no anfiteatro.

Ler máis
Compartir: