BENESTAR SOCIAL

O Concello inicia unha campaña para concienciar os adultos sobre a súa responsabilidade no consumo de alcol por parte dos menores

01/12/2011

O material da campaña, presentada pola concelleira de Benestar Social e UMAD, Paula Prado, en rolda de prensa, vai enfocado a pais, nais e responsables dos negocios de hostelería e ocio nocturno da cidade co obxectivo de que tomen conciencia a respecto do seu papel na prevención do consumo de bebidas alcólicas por parte dos menores.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Actividades de Nadal e nova zona verde no ensanche compostelán

01/12/2011

As concelleiras de Turismo, Reyes Leis, e de Parques e Xardíns, María Castelao, presentaron sendas iniciativas cun obxectivo: humanizar e revitalizar o ensanche a través dunha nova zona verde na costa das Camelias e de actividades na praza Roxa pensadas para esta época de Nadal.

Ler máis

ALCALDÍA

O Grupo Cidades Patrimonio achega a súa oferta patrimonial aos principais operadores culturais do mercado turístico británico

01/12/2011

O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España promoveu unha presentación da súa oferta turística e cultural a axentes británicos en Santiago de Compostela, en colaboración coa Oficina Española de Turismo en Londres e Paradores de Turismo.O presidente da asociación e alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, recibiu na cidade compostelá, en representación das cidades do Grupo unha vintena de operadores e xornalistas do Reino Unido.

Ler máis
Compartir: