ALCALDÍA
A Deputación achega á cidade de Santiago inversións por un total de 1,2 millóns de euros
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o presidente da Deputación da Coruña mantiveron unha reunión de traballo na que foi a primeira visita institucional de Diego Calvo a Compostela e na que, ademais, se asinaron tres convenios para a promoción de distintas accións na cidade que ascenden a 480.000 euros. A maiores o ente provincial investirá 600.000 no Plan de Obras e Servizos e 150.000 no Fórum Gastronómico.
ALCALDÍA
O Concello reúnese cos directivos da empresa Bricomart, que valora instalarse en Santiago
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, mantivo unha xuntanza co director de expansión da Península Ibérica de Bricomart, Juan Manuel Herreras, e co responsable de expansión do Noroeste de España, Manuel J. Moreno, para falar sobre a posible implantación dun centro da empresa gala en Santiago.
XUVENTUDE
O xoves comeza o curso de iniciación á pintura a través das meninas organizado pola Concellería de Xuventude
Dentro da programación pensada para os mozos e mozas composteláns presentada hai dúas semanas polo concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, comeza a desenvolverse un dos cursos: a pintura a través das meninas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle a presentación de tres libros sobre as parroquias de Enfesta, Sabugueira e Fecha
A cita será o venres 4 de novembro ás 20.30 horas e contará coa presenza do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e do concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya.
COMERCIO
Setenta e tres tendas participan na primeira Compostela Fashion Night
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou no Hostal dos Reis Católicos a primeira Compostela Fashion Night, actividade incluida no programa da Galicia Fashion Week.
ALCALDÍA
O alcalde sinala que o Consorcio "non está nin estará en perigo"
Xerado Conde Roa referiuse ao Consorcio da Cidade de Santiago, entidade da que é presidente, para garantir que continuará cos seus proxectos e recalcou que non se atopa en perigo xa que as institucións que a integran reafirmáronse no seu compromiso de financiación. A Xunta aportará dous millóns a maiores.
EMPREGO
Abre as súas portas a I Feira Internacional de Emprego
A primeira edición da Feira Internacional de Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), abre mañá, xoves 3 de novembro, as súas portas a participantes, empresas e público xeral.