PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Resolto o problema de seguridade na estrada Roxos-Reborido coa retirada dun valado

18/11/2011

O problema de seguridade viaria e peonil causado por un valado de obras que invadía a estrada entre Roxos e Reborido quedou finalmente resolto, tras máis de dous anos de demandas veciñais. O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, xestionou esta solución, ao igual que a retirada duns ferros perigosos nas inmediacións do CEIP de Roxos.

Ler máis

MULLER

Unha andaina solidaria e un camiño de pegadas contra a violencia de xénero

18/11/2011

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, convidou a todos os composteláns a participar nos actos previstos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro. Nesta ocasión, o recordo ás vítimas e o labor de sensibilización irá ligado ao propio Camiño de Santiago, a través dunha andaina e dun camiño de pegadas das mans dos escolares. Os actos completaranse cunha exposición.

Ler máis

CULTURA

Aberta ata o 30 de novembro a convocatoria do XVII Premio Antonio Fraguas de investigación sobre traxe galego

18/11/2011

O Premio de investigación sobre o traxe galego "Antonio Fraguas" chega á súa XVII edición. O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes, presentaron a convocatoria, que premiará con 1.200 e 600 euros, respectivamente, os mellores traballos analíticos e descritivos sobre a indumentaria tradicional galega. O prazo de presentación de traballos está aberto ata o 30 de novembro.

Ler máis

CULTURA

O director arxentino Alberto Yaccelini repite o encontro co público de Cineuropa

18/11/2011

O recoñecido director arxentino Alberto Yaccelini está en Santiago para participar nos Encontros co Público programados por Cineuropa, no seu 25 aniversario. Yaccelini brindará ao público compostelán a oportunidade de falar con el e achegarse ao seu traballo en calquera dos dous coloquios que celebrará, nesta xornada e na do sábado, logo de proxectar o seu último traballo, El fabricante de cepillos, un documental lúcido e inquietante sobre a figura dun antigo nazi. As citas son no Teatro Principal, ás 20:00...

Ler máis

CULTURA

A Banda Municipal estrea o ciclo de sete concertos de novos intérpretes galegos

18/11/2011

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela pon en marcha o domingo 20 unha das novidades mais esperadas da programación 2011-2012: o ciclo de Xoves Intérpretes Galegos. Este ciclo inclúe sete concertos nos cales a Banda Municipal contará ao longo de toda a tempada con sete solistas diferentes. O primeiro será Andre Cebrián Garea, de Compostela.

Ler máis
Compartir: