COMERCIO
Concello e Xunta colaboran na formación do pequeno comercio de Compostela
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro, presentaron o curso de paquetería creativa e a campaña de escaparatismo que organiza a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente a Consellería de Economía e Industria, en colaboración co Concello de Santiago. O obxectivo destas iniciativas é achegar as claves para dinamizar o pequeno comercio en Compostela.
ALCALDÍA
Destacados especialistas analizan na cidade a relación entre violencia de xénero e Xustiza
Un congreso internacional analiza os días 16 e 17 de novembro a problemática da violencia de xénero dende unha perspectiva xurídica. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu ao acto inaugural destas xornadas, que se celebran na Facultade de Dereito
EDUCACIÓN
O Concello asumirá a xestión dos comedores escolares a partir do vindeiro curso
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, asinaron un protocolo de intencións para a xestión do servizo de comedor escolar nos centros escolares da cidade, co fin de garantir a prestación deste servizo. O Concello farase cargo da xestión a partir do curso 2012-2013, coa colaboración financeira da Consellería.
ALCALDÍA
Conde Roa: "Queremos estación do AVE, pero non nestas condicións"
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reiterou en rolda de prensa que "seguimos coa nosa postura" en relación á estación do AVE. "Queremos estación do AVE, pero non nestas condicións", indicou, recordando unha vez máis o asinado no convenio do 3 de novembro de 2009 entre Concello, Xunta e Ministerio de Fomento, así como os incumprimentos de determinados puntos dese acordo.
CULTURA
Cineuropa programa un coloquio tras a proxección de "Mercado de futuros"
Na programación de actividades paralelas que Cineuropa organiza nesta XXV edición, nesta xornada, ás 20:30 horas, o Teatro Principal acolle un coloquio sobre o último traballo da directora, Mercedes Álvarez, Mercado de futuros. A cita será co produtor do filme, Xosé Zapata, xa que a realizadora se atopa no Festival de Cine de Florencia, onde compite a súa película.