ALCALDÍA

Santiago, pioneira na aplicación dos traballos comunitarios como alternativa ás sancións por consumo de alcohol

14/11/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e a concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, presentaron o Programa de Traballos para a Comunidade. Este catálogo de tarefas permitirá dar cumprimento ao establecido no artigo 91 de Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria. Santiago é a primeira cidade galega en por en marcha esta medida, contemplada na Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

Ler máis

CULTURA

Jorge Drexler recibe o premio Cineuropa

14/11/2011

O Festival de Cine compostelán entregará o segundo dos seus premios Cineuropa, na súa XXV edición, a Jorge Drexler, nunha gala-concerto que se celebrará no Auditorio de Galicia, a partir das 20:30 horas do martes 15. Este recoñecemento ao músico e compositor uruguaio súmase ao Óscar que posúe polo seu tema "Al otro lado del río" para a película Diarios de motocicleta (1997) e o Goya á mellor canción por "Lope" (2010). Á cerimonia, asistirán o alcalde de...

Ler máis

ALCALDÍA

O Pen Galicia presentoulle ao alcalde a IV Bienal Literaria Internacional

14/11/2011

O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, recibíu no Concello o presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar, quen lle presentou os actos da IV Bienal Literaria Internacional, que se vai celebrar en Compostela na segunda quincena de outubro de 2012. Nesta edición, o certame, baixo o título "Compostela, de pedra e de palabra", quere amosar o compromiso co medioambiente.

Ler máis
Compartir: