CULTURA

Cineuropa celebra o seu potenciado 25º aniversario

28/10/2011

O 9 de novembro Cineuropa levanta o telón da que vai ser a súa vixésimo quinta edición. Entre ese día e o 2 de decembro, o festival que organiza o Concello de Santiago, a través da Concellería de Cultura, e dirixe José Luis Losa ten preparada unha das programacións máis ambiciosas da súa historia, tanto polo esforzo no nivel do cine seleccionado –no que figura o máis sobresaínte dos certames internacionais celebrados ao longo do ano-, como por algunhas actividades especiais que acompañarán...

Ler máis

TRANSPORTE

A Concellería de Transportes informa dos servizos especiais de autobuses para o partido do Obradoiro, o día de Defuntos e as modificacións pola Carreira Pedestre

28/10/2011

A Concellería de Transportes preparou para os vindeiros días sendos servizos especiais para facilitar a asistencia ao partido do Obradoiro (domingo 30) e para o cemiterio de Boisaca por mor do día de Defuntos (martes 1). Asimesmo informa das modificacións por mor da Celebración da Carreira Pedestre Popular (domingo).

Ler máis

TURISMO

Un grupo de xornalistas chinos visita Santiago de Compostela

28/10/2011

A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, e a xerente de Incolsa, Maruxa Ledo, recibiron a un grupo de xornalistas chinos que están visitando a cidade dentro dun presstrip ou viaxe de xornalistas no que participa a empresa municipal de promoción turística co obxecto de dar a coñecer a nosa cidade no mercado chino, un dos mercados do mundo cun maior potencial de crecemento turístico nos próximos anos.

Ler máis
Compartir: