ALCALDÍA
Albert Fert, outro Nobel que deixa a súa sinatura no Libro de Honra da Cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o Nobel de Física en 2007, o francés Albert Fert, que está en Santiago para participar no programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a Universidade de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde proponlle aos europarlamentarios a inclusión dunha sección sobre o Camiño de Santiago no Museo de Europa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, propúxolle aos representantes da Comisión de Cultura e Educación do Parlamento a inclusión dunha sección dedicada ao Camiño de Santiago no Museo de Europa, en Bruxelas. O vicepresidente desta Comisión, Morten Lokkegaard, acolleu moi favorablemente esta proposta e comprometeuse a estudala.
MOBILIDADE
As enquisas de mobilidade constatan a influencia das novas áreas residenciais
O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, presentou os principais resultados das enquisas sobre a mobilidade na área metropolitana de Santiago realizadas pola Sociedade Municipal de Transporte Urbano de Santiago (TUSSA). Entre outros datos, os cuestionarios revelan que os veciños de Santiago e Comarca realizan máis de 385.000 desprazamentos ao día.
FESTAS
A banda Emir Kusturica & TNSO, gran atracción dunhas festas da Ascensión con máis de 50 actuacións musicais
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa o programa da Ascensión 2010. En total serán sete días de festa, do 12 ao 18 de maio, con máis de 50 actuacións musicais durante sete xornadas
PLENO
As 2.200 vivendas protexidas da Pulleira cubrirán o 100% do uso residencial previsto para o primeiro cuadrienio do PXOM
A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, compareceu a petición propia ante o Pleno municipal para informar sobre a xestión urbanística ao longo de 2009 e no que vai de 2010. Segundo indicou, as actuacións realizadas neste período seguen a garantir "a igualdade de oportunidades de acceso a unha vivenda digna, o impulso á implantación e ampliación de actividades económicas e a integración da cidade nas redes de comunicación galegas e co resto de España".
PLENO
Facenda axustará o Plan Económico Financeiro do Concello 2010-2011
A concelleira de Facenda, Rosa Fernández, deu conta ao Pleno da liquidación do orzamento ordinario correspondente ao exercicio de 2009, xa aprobada en Xunta de Goberno. Así mesmo, explicou o grao de desviación que o peche do ano 2009 supón nas estimacións e obxectivos do Plan Económico Financeiro (PEF) do Concello aprobado para o período 2009-2011.