CONSORCIO

As obras da nova sede do Museo de Historia Natural entran na fase final

11/11/2010

En outubro de 2009 colocábase a primeira pedra da nova sede do Museo de Historia Natural "Luís Iglesias", edificio deseñado polo arquitecto César Portela e que compartirá espazo, no interior da Finca de Vista Alegre, con outros equipamentos culturais e universitarios como a Casa de Europa, a Escola de Altos Estudos Musicais, o Centro de Estudos Avanzados e o edificio da Sociedade Xeral de Autores. Agora, entrados xa na fase final, estímase que as obras de construción rematen no primeiro trimestre do próximo ano. O alcalde...

Ler máis

CULTURA

O VIII Foro Academia Aberta afondará na necesidade de potenciar a creatividade en tempos de crise

11/11/2010

A Academia Galega do Audiovisual presentou o Foro Academia Aberta Creatividade na crise. Adaptarse ou desaparecer, que se desenvolverá no marco do Festival Cineuropa 2010. Nesta oitava edición, o Foro afondará no problema da crise económica estrutural e en como potenciar as dificultades para convertelas en oportunidades de éxito apoiándose, sobre todo, na creatividade e na innovación. O evento, que está coordinado polo Académico Manolo González, terá lugar dende o 16 ao 18 de novembro na sede da...

Ler máis
Compartir: