INFRAESTRUTURAS
A primeira fase do saneamento da conca do río Aríns dotaraa de 15 quilómetros de colectores
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de saneamento da conca do río Aríns. A primeira fase de actuación, que afecta aos colectores secundarios, conta cun investimento de 2.548.645 euros e o seu prazo de execución é de 11 meses. No mes de novembro comezarán as obras, que permitirán crear unha rede de 15 quilómetros de colectores.
XUNTA DE GOBERNO
A Escola Infantil de San Roque estará lista para o vindeiro curso
O curso 2006-2007 será o primeiro de funcionamento da nova Escola Infantil de San Roque, unha vez que se remate a súa construción nos vindeiros meses. A Xunta de Goberno local adxudicou as obras para o levantamento deste centro, por un importe de 403.551 euros.
ALCALDÍA
O alcalde demanda "compromisos temporais" para a alta velocidade que permitan aproveitar ao máximo o seu impacto
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración do primeiro Forum Transnacional do proxecto PARTNER, que se concentra na promoción da mobilidade sustentable e da accesibilidade das rexións do Espazo Atlántico ás grandes redes de transportes transeuropeos. Posteriormente, participou nunha mesa redonda xunto co ministro portugués para os Traballos Públicos, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero, e o parlamentario europeo e antigo ministro portugués de Emprego e...