EIXO ATLÁNTICO
A conexión Vigo-Porto, "fundamental e irrenunciábel" para as cidades do Eixo Atlántico
Os membros da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, entidade formada por dezaoito cidades galegas e do norte de Portugal, reuníronse o mércores, 9 de novembro, na Casa do Concello para debatir, principalmente, a conexión Vigo-Porto coa liña do AVE.
ALCALDÍA
Bugallo e Varela colocan a primeira pedra do centro de novas tecnoloxías
O alcalde compostelán e o conselleiro de Traballo inauguraron as obras deste novo centro compostelán, que dependerá especificamente da Consellería de Traballo e terá como obxectivo formar ás persoas desempregadas e en activo. Ademais, ofrecerá formación a distancia a través da rede de centros de formación ocupacional da Consellería.
ALCALDÍA
O alcalde recibe ao intelectual brasileiro Frei Betto
O teólogo, escritor e filósofo brasileiro da liberación Carlos Alberto Libanio Christo, coñecido como Frei Betto, visitou a Casa do Concello o mércores 9 de novembro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O centro sociocultural de Vite acolle a exposición "70 Aniversario Monopoly"
A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, inaugurou a exposición "70 Aniversario Monopoly" que se poderá ver ata o vinte de novembro no centro sociocultural de Vite. No acto de inauguración estiveron presentes o responsable de Marketing de Hasbro Iberia, Ignacio Gaitán, e o campión mundial de Monopoly, o madrileño Antonio Zafra.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados presenta web
MáisCompostela nace como un instrumento ao servizo dos obxectivos da Concellaría, isto é, colaborar no desenvolvemento económico, empresarial e laboral de Compostela.