CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis excursións e de máis días para os veciños
A concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, presentou o programa anual de excursións. Este ano, os veciños poderán acceder a máis viaxes e de máis duración, cunha ampla oferta de destinos, aberta a todas as idades e cun prezo asequible.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destina 550.000 euros ao Plano de Competitividade Turística para 2007
O Goberno local aprobou a sinatura dun convenio entre o Concello e a empresa municipal INCOLSA-Turismo de Santiago, polo que esta última asume a execución das accións do Plano de Competitividade Turística para este ano 2007. O orzamento para esta iniciativa será de 550.000 euros.
EDUCACIÓN E CULTURA
Trompicallo achega os títeres aos máis pequenos con "Nadarín"
Uns 400 rapaces de 3 a 7 anos de 11 centros educativos participarán nas dúas sesións da obra de títeres "Nadarín", que se celebrará o martes 13 no Teatro Principal. O grupo Trompicallo encárgase desta proposta, que se achega aos máis pequenos cunha linguaxe puramente visual e musical a través de títeres planos que se moven cunha variña.
CURTOCIRCUITO
Comeza Compostela Plató
Ábrese o prazo de envío de guións de curtametraxes para participar en Compostela Plató, dentro da sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto.
URBANISMO
O SUNP-1 de Meixonfrío achega 172 novas vivendas de protección oficial
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, vén de inaugurar o polígono SUNP-1 de Meixonfrío, que conta cunha superficie de 31.283,17 metros cadrados e que alberga un total de 172 vivendas, todas elas de protección pública. O orzamento para este polígono foi de 1.151.185 euros.
INFRAESTRUTURAS
A Rúa Berlín (Fontiñas) contará cun carril bici e con renovadas beirarrúas
Despois de quince anos dende a súa inauguración, o barrio de Fontiñas vai ser sometido a novas obras de urbanización. Comezarán pola Rúa de Berlín, onde Concello investirá dous millóns de obras que afectará aos vieiros, ás beirarrúas e mesmo ao mobiliario. Unha das novidades será a creación dun carril para bicicletas.
MEDIO AMBIENTE
O Concello dalle a coñecer aos composteláns a nova Ordenza de convivencia, residuos e limpeza viaria
A concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, presentou a campaña "Mima a túa cidade", coa que se quere concienciar aos máis pequenos sobre comportamentos responsables en relación ao medio ambiente. Ademais, xunto coa revista de información municipal, todos os fogares de Compostela recibirán un exemplar da nova Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria.
CONSORCIO
O Consorcio adquire a Selva Negra para cederlla ao Concello e convertela nun gran parque forestal público
Os catorce propietarios da Selva Negra asinan un convenio de cesión e compra desta co alcalde e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo, por un importe de 4.116.000 euros. Esta superficie destinarase a parque forestal de uso público e de titularidade municipal.
EDUCACIÓN
Uns 4.500 escolares da bisbarra compostelá participarán na VII Campaña de Animación á Lectura
A Concellaría de Educación e Mocidade e a editorial Kalandraka poñen en marcha un ano máis a Campaña de Animación á Lectura, que se celebrará na Galería Sargadelos do 26 de marzo ao 5 de maio. Co lema "Ler: unha aventura diferente", o programa de actividades inclúe sesións de contacontos, obradoiros de ilustración e de banda deseñada, exposicións, actividades nas librarías da cidade e sesións para as familias. Uns 4.500 escolares de Compostela e da bisbarra están...
ALCALDÍA
Santiago acollerá a maior reunión de estudantes de odontoloxía
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á presidenta do XIV Congreso ANEO (Asociación Nacional de Estudantes de Odontoloxía), Gema Arias. O obxectivo desta xuntanza era dar a coñecer os preparativos do que será este congreso, que reunirá do 17 ao 21 de xullo de 2007 a estudantes de odontoloxía de toda España.