CULTURA
Á venda os abonos para "Todo Lírica", a novena edición do tradicional Festival de Zarzuela de Santiago
Puxéronse á venda no servizo telefónico de Caixa Galicia (teléfono 902 434 443) os abonos para o ciclo Todo Lírica (a novena edición do tradicional Festival de Zarzuela de Santiago de Compostela) que se desenvolverá nesta cidade durante o Nadal, organizado pola concellaría de Cultura e a Asociación Galega da Lírica. O abono para os cinco concertos ten un prezo de 20 euros. As entradas soltas para cada un dos concertos poden adquirirse a partir do 18 de decembro a un prezo de 6 euros. Tanto as entradas como os...
TRANSPORTES
"Tes máis bus", a nova campaña de promoción do transporte público urbano
A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), pon en marcha unha nova campaña dirixida a fixar a imaxe para o transporte urbano e a promover o seu uso entre os cidadáns. A campaña diríxese prioritariamente á franxa de idade comprendida entre os 30 e os 50 anos.
BENESTAR SOCIAL
Unha mesa redonda na Casa das Asociacións aborda o crecente impacto das redes sociais de internet
O xoves, 3 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa das Asociacións, en Cornes, terá lugar a mesa redonda "Redes sociais, Facebook, Tuenti...: a cara oculta dos amigos dos meus fillos". Este foro, organizado pola Coordinadora de traballo en Rede Barrio de Conxo-Milladoiro coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, abordará o alcance destas redes e ofrecerá aos pais e educadores información sobre a repercusión das mesmas nas condutas dos seus fillos e alumnos. A entrada...
ALCALDÍA
O alcalde preséntalles o Urbana Santiago Norte ás asociacións e entidades da zona
O Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite acollerá maña xoves, ás 20:00 horas, unha xornada de presentación do Proxecto Urbana Santiago Norte ás asociacións e entidades da zona norte de Santiago de Compostela.
CULTURA
Teatro do Atlántico leva a Friel e Chéjov ao Principal na súa 25ª tempada
O amor como dependencia e a mentira como mecanismo de supervivencia. Estes son os dous temas principais que trata O xogo de Yalta. Afterplay, a nova montaxe de Teatro do Atlántico que se pon en escena o xoves 3 e o venres 4 ás 21:00 horas no Teatro Principal.
URBANISMO
"UrbanLAB#1" promove unha reflexión crítica sobre o desenvolvemento do tecido urbano da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o foro UrbanLAB#1. Compostela como laboratorio urbano, que se desenvolverá na Factoría Compostela, na rúa da Conga, 9, do 2 ao 4 de decembro. Este laboratorio experimental contará con varios relatorios e debates en torno a temas como a cidade e os símbolos, a sustentabilidade creativa ou a identidade cultural e a globalización.
CONSORCIO
A Real Filharmonía participa en Madrid no Ciclo "Orquestas y Solistas del Mundo"
A Real Filharmonía de Galicia viaxa a Madrid para participar, o xoves 3 de decembro, no Ciclo de Grandes Orquestras y Solistas del Mundo, organizado por Ibermúsica, un dos mellores ciclos de música de Europa.
FACENDA
O Concello aplicará coeficientes redutores no IBI do rural sen modificar a ordenanza fiscal
O Concello compostelán aplicará coeficientes redutores no imposto de bens inmobles (IBI) aplicado ao rural, pero non modificará a ordenanza fiscal. A medida escollida polo Concello será efectiva a partir do 1 de xaneiro de 2010.
ALCALDÍA
Vinte e oito obras do FEIL remataranse no prazo previsto
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou, xunto co delegado do Goberno, Antón Louro, as obras que se están a levar a cabo no Ensanche Vello e na rúa do Olvido, incluídas no Fondo Estatal de Investimento Local 2009.
CULTURA
Lírica, teatro, danza e ilusións na programación cultural de decembro
O 2009 despídese cunha programación cultural ampla. Neste mes de decembro destaca o comezo do IX Festival de Zarzuela de Santiago Todo Lírica e coa celebración na rede municipal de centros socioculturais da Festa das Ilusións, coa figura do Apalpador como protagonista. Son dúas das caras dun programa no que se cruzan danza, teatro, música, exposicións e outras actividades.