ALCALDÍA

Comeza o curso escolar con normalidade para preto de 7.000 alumnos e alumnas de infantil e primaria

12/09/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto de inauguración do novo curso escolar de infantil e primaria, celebrado esta mañá no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación, espazo compartido co CEIP López Ferreiro. No evento estiveron, ademais do alcalde, o edil de Educación, Manuel Dios; o director do CEIP, Xosé Ramón Carril; así como representantes dos grupos políticos en Raxoi, da Escola Municipal de Música, das escolas de Infantil e Primaria de Santiago e as ANPAS.

Ler máis

CONSORCIO

Últimos días para visitar na Casa do Cabido a exposición do escultor "Francés" que rende homenaxe á muller

12/09/2018

A exposición Compostelaneando a miña fauna. Muller, Xapón, Cacto… reúne na Casa do Cabido, dende mediados do pasado mes de xullo, pezas en pequeno formato do escultor José Francisco López Noya, máis coñecido como "Francés". O derradeiro día para visitala é o vindeiro venres, 14 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía ofrece este xoves un concerto gratuíto na praza Roxa

12/09/2018

A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG iniciou este mércores un ciclo de concertos gratuítos, na súa maioría ao aire libre, en barrios emblemáticos da cidade, todos eles baixo a batuta do xove mestre polaco Jan Wierzba.

Ler máis

ALCALDÍA

O Ensanche vístese de festa os días 21 e 22 de setembro

11/09/2018

Música, xogos populares, un torneo de xadrez ou o sorteo de cheques de compra nos comercios do barrio. Son algunhas das propostas das festas Vivindo o Ensanche, que se celebrarán os días 21 e 22 de setembro. O programa está organizado pola asociación veciñal Raigame e conta coa colaboración do Concello.

Ler máis

DEPORTE

Arrinca unha nova edición do circuíto CorreSan coa tradicional proba polas rúas do casco histórico

11/09/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este martes a primeira carreira da VII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Nesta ocasión, o lema do circuíto é "Non é unha meta, é un destino" e conta con catro probas, ás que se lle suma a San Silvestre do 31 de decembro. Xunto á concelleira de Deporte estivo na rolda de prensa o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo (FGA), Iván Sanmartín, e o corredor gañador da edición do 2017, Amador Pena.

Ler máis

PATRIMONIO

"Más o menos inquietos", de Daniel Abreu, proposta escénica para Compostela da Noite do Patrimonio

11/09/2018

O sábado 15 de setembro celébrase a Noite do Patrimonio, a gran festa simultánea coa que as 15 cidades Patrimonio da Humanidade conmemorará os 25 anos da creación do Grupo que as ampara. Unha das propostas para esta xornada é o programa Escena Patrimonio, con representacións de danza e teatro contemporáneo en cada unha das cidades. No caso de Santiago de Compostela, a cita é ás 21:00 horas, na praza da Quintana, coa posta en escena de Más o menos inquietos, de Daniel Abreu, Premio Nacional...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS E MEDIO AMBIENTE

A Tropa Verde colabora co I Concerto Benéfico NormalizAutismo

11/09/2018

A Tropa Verde vén de poñer en marcha unha colaboración coa entidade NormalizAutismo Galicia, promovendo un sorteo de convites para o I Concerto Benéfico NormalizAutismo, que se celebrará o próximo 26 de setembro na Sala Capitol. Para participar é preciso ser socio ou socia da Tropa Verde e seguir á entidade NormalizAutismo na súa páxina de Facebook.

Ler máis
Compartir: