PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica organiza dúas conferencias destinadas a empresarios
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo organiza, o 14 e o 15 de maio, dúas conferencias enmarcadas na Rede de Cooperación Local, que teñen como obxectivos potenciar o intercambio de relacións entre as empresas de Santiago e achegarlles, de primeira man, as liñas de actuación da Xunta de Galicia en desenvolvemento empresarial. As charlas, gratuítas e abertas ao público, celebraranse na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, ubicada na Vía...
RELACIÓNS VECIÑAIS
Os veciños, os primeiros en coñecer a proposta definitiva do PXOM
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu no Auditorio de Galicia unha nova xuntanza do Consello de Relacións Veciñais, que nesta ocasión tiña un único punto na orde do día: o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
MEDIO AMBIENTE
Comeza o programa de visitas á estación potabilizadora de Santiago
A Concellaría do Medio Ambiente comeza o mércores 14 de maio o programa de visitas guiadas á potabilizadora da cidade . Neste programa de actividades colaborará a empresa Aquagest, encargada de xestionar a rede de abastecemento de Santiago.
CASCO HISTÓRICO
A Comisión Asesora do Casco Histórico aprobou o proxecto básico do Centro Sociocultural de Caixanova
Na sesión ordinaria da Comisión Asesora do Casco Histórico, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobáronse diversas actuacións no ámbito da cidade histórica, Patrimonio da Humanidade, das que cabe salientar a aprobación do Proxecto Básico para a execución das obras do futuro Centro Sociocultural de Caixanova na praza de Cervantes.
ALCALDÍA
Rusia amosa en Compostela unha visión da súa actualidade
O embaixador da Federación Rusa en España, Alexander Kuznetsov, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Centos de rapaces percorreron a zona monumental noutra edición de Correlingua
As rúas de Santiago acolleron unha nova edición de Correlingua. Baixo o lema "En galego cabe todo", centos de rapaces percorreron a zona monumental para chegar ata a praza do Obradoiro, onde se celebrou unha concorrida festa final.
XUNTA DE GOBERNO
Máis obras de mellora na Alameda
O Goberno local aprobou a licenza que permitirá ao Consorcio de Santiago executar novas obras na Alameda. Entre as actuacións previstas está a restauración e mellora da eficacia das farolas existentes nos paseos principias do parque, a substitución das farolas existentes no Paseo dos Leóns ou o traslado das dúas farolas con base de pedra labrada dende a zona próxima do xardín ata outra localización da zona.
ALCALDÍA
Os novos representantes das asociacións veciñais de Galicia expóñenlle os seus proxectos ao alcalde
O alcalde compostelán recibiu en Raxoi á nova directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), encabezada pola súa presidenta, Elena González Sánchez.
CULTURA
Laurie Anderson presenta o seu espectáculo "Homeland" en Sons da Diversidade
O venres 16 de maio continúa o ciclo Sons da Diversidade. Laurie Anderson, polifacética artista de vangarda, e recoñecida como cantante, música, poeta, escultora, fotógrafa, académica, escritora e entusiasta da tecnoloxía punta, estará ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia.
EMPREGO
A Bolsa de Emprego de Promoción Económica ten na sua base de datos 1.630 persoas
A Bolsa de Emprego que xestiona a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo ten na súa base de datos 1.630 persoas inscritas. O 68% son mulleres e o 32% homes. No que vai de 2008, o servizo recibiu 187 novas solicitudes. Destas persoas, 129 son mulleres, o que representa o 69,4% do total; e 57 homes, o 30,6%.