XUNTA DE GOBERNO

Abre o prazo de inscrición no plan "Impulsa", para persoas mozas desempregadas

14/09/2018

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o procedemento para a selección das persoas participantes no programa "Impulsa", que permitirá mellorar a empregabilidade de 85 mozos e mozas no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación. As persoas interesadas en participar nas probas de selección deberán inscribirse na web da Axencia Local de Colocación.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local inicia a declaración de lesividade do prego da licitación da Escola Municipal de Música

14/09/2018

O Goberno local está a estudar todas as opcións para garantir a estabilidade da Escola Municipal de Música a longo prazo, "mantendo o compromiso da estabilidade do persoal e da pervivencia do actual modelo educativo". O alcalde, Martiño Noriega, explicou que a Xunta de Goberno vén de "suspender temporalmente o procedemento de licitación do servizo e de iniciar a declaración de lesividade do prego de condicións do concurso, ao entender que puido haber un erro de cálculo no estudo económico que motivou a...

Ler máis

ALCALDÍA

A veciñanza de Vista Alegre e O Romaño expón as súas demandas ao Goberno nun novo encontro "Ao vivo"

14/09/2018

O alcalde e todos concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno mantiveron hoxe o primeiro encontro "Ao vivo" do novo curso, desta vez no Centro Cívico de Vista Alegre-Romaño, coa veciñanza destes barrios. A cidadanía expresou as súas demandas, relacionadas fundamentalmente co mantemento, a conservación das zonas verdes e a dotación de parques infantís.

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno local celebra este venres un novo encontro "Ao vivo"

13/09/2018

O Goberno local participará este venres 14 de setembro nun novo encontro "Ao vivo", desta vez no Centro Cívico Vista Alegre-Romaño, dirixido á veciñanza destes barrios. Á xuntanza asistirán o alcalde, Martiño Noriega, e todos os concelleiros e concelleiras do Goberno.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Cita coa terceira edición do Rock Is Dead Fest este sábado no parque de Belvís

13/09/2018

Este sábado, 15 de setembro, celebrarase a terceira edición da romaría rock Rock Is Dead Fest. No parque de Belvís, ás 12:30 horas, arrincarán máis de 12 horas de música en directo con bandas e artistas galegos; todo isto aderezado con actividades infantís, talleres deportivos e literarios, mercadiño e por polvo e churrasco. A entrada ao festival é de balde.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este venres un concerto gratuíto ao aire libre no barrio de Fontiñas

13/09/2018

A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG iniciou este pasado mércores un ciclo de concertos gratuítos, na súa maioría ao aire libre, en barrios emblemáticos da cidade, todos eles baixo a batuta do xove mestre polaco Jan Wierzba.

Ler máis

ALCALDÍA

Sorteados os cruces da Supercopa Endesa 2018

12/09/2018

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu o sorteo de emparellamentos da Supercopa Endesa, que se disputará en Santiago os próximos 21 e 22 de setembro. Barça Lassa e Kirolbet Baskonia abrirán a competición ás 19:00 horas do venres, mentres que Monbus Obradoiro e Real Madrid xogarán a segunda semifinal a partir das 21:30 horas.

Ler máis
Compartir: