DEPORTES E BENESTAR SOCIAL

Primeira edición do Campus Vero Boquete

12/12/2011

Nace, con vocación de continuidade e consolidación, o Campus Vero Boquete de fútbol e fútbol sala. A primeira edición do evento celebrarase no complexo deportivo de Santa Isabel os días 27, 28 e 29 de decembro.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibiu o Nobel Sheldon Glashow

12/12/2011

O Nobel de Física en 1979, Sheldon Glashow, está en Compostela para participar na sexta edición do programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a Universidade de Santiago. O científico foi recibido en Raxoi polo alcalde, Xerado Conde Roa.

Ler máis

ALCALDÍA

Conde Roa salienta o carácter vertebrador do tramo de alta velocidade que une Santiago con Ourense e A Coruña

10/12/2011

A alta velocidade arrancou en Galicia cunha viaxe inaugural entre A Coruña, Santiago e Ourense que durou unha hora e nove minutos e no que participou o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, así como os rexedores das outras dúas cidades, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o ministro de Fomento en funcións, José Blanco; ou o presidente de Asturias e extitular da carteira de Fomento, Francisco Álvarez Cascos.

Ler máis

TURISMO

O Cersia convértese no centro das aplicacións para móbiles de Galicia

09/12/2011

A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, inaugurou hoxe MobileConGalicia, a primeira conferencia para desenvolvedores de aplicacións para móbiles de Galicia, un evento patrocinado polo Concello de Santiago e que se celebra no edificio Cersia, onde se deron cita máis de 150 de profesionais do sector.

Ler máis
Compartir: